Vivimos nun momento de transformación social no que todas as nosas rutinas, hábitos, prioridades e modos de vida, cesaron; é momento de cambio, de reflexión, de volta á calma, deixando os individualismos arredados: é momento de facer comunidade. Esta crise sanitaria global fai visible a fraxilidade do individuo no planeta e ponnos directamente en perigo de supervivencia, esquecendo fronteiras, idiomas, ideoloxías, relixións e clases sociais; quizais este sexa un punto de inflexión.
Nós, facemos esta proposta dende a creatividade, abrimos esta xanela para construir, pensar e expresarnos a través da arte e coa arte nun novo momento social-global.
¿Quen é JULIA?
Julia é unha escultura que se atopa nestes intres na praza de Colón en Madrid, realizada polo escultor Jaume Plensa (podedes ligar aquí para ver o documental de Jaume Plensa, un dos máximos exponentes da escultura no panorama actual):
Julia está dirigida al corazón de nuestro ser -ha reflexionado el propio artista-. Es un espejo poético y virtual en el que cada uno de nosotros pueda verse reflejado en sus preguntas más íntimas provocando un instante de reflexión personal e íntimo dentro del agitado dinamismo que genera el espacio público. J.P.
Este e un proxecto que xorde da colaboración de tres amigos profes distantes en territorios pero cunha misma inquedanza, a educación artística; Sara Anes (Zaragoza), Fernando Paniagua (Madrid) e Rosa García (Vigo), pero é Cayetana (14 anos) a filla de Sara a impulsora do proxecto no momento no que se plantexa que a súa escultura preferida "Julia necesita una mascarilla".
Julia, Jaume Plensa
Esta é a imaxe coa que traballar (descárgaa aquí)
A nosa prosposta de traballo:
Observa a imaxe e exprésate sobre ela. Utiliza a mascarilla como se de un lenzo en branco se tratase
Exprésate utilizando o texto, a poesía, imaxes, co debuxo dixital ou analóxico, coma tí queiras, cópiaa e imprímea e inspirarte: deconstruíndoa, debuxándoa, utilizando o collage, o ensamblaxe, con calquera material... O que imaxines, sempre dende a creatividade
EXPRESS YOURSELF E SE CHE PETA, ¡¡¡GRITAAAAAAAAAAAAA!!!
Imos centrarnos en #unamascarillaparajulia, Este espacio podémolo utilizar para expresar da maneira que queiramos unha mensaxe relacionada cos momentos que estamos a vivir. Un lenzo en Branco onde expresar o que ou como nos sentimos.
Unha vez rematado envía a imaxe ás seguintes ligazóns e compártea nas túas redes co hashtag #unamascarillaparajulia. ¡¡¡Podes enviar tantas como queiras!!!
https://padlet.com/primariaeduca/fjdbstmvmlo0

Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!