Estes días de corentena poden ser unha oportunidade para ler aqueles
libros que temos pendentes, para ver esas películas e documentais para
os que non tivemos tempo.
Hoxe quero recomendarvos o documental “Las sin sombrero” da serie Los Imprecindibles, documentais sobre os personaxes máis destacados da cultura española do século XX. Xa ten uns anos pero non perdeu o seu interese.
Las sin sombrero nos achega ás mulleres descoñecidas da Xeración do 27. Mulleres adiantadas á súa época que merecen o seu oco na historia, xa que
se dedicaron a labores como a pintura, a novela, a ilustración, a
escultura e o pensamento con gran éxito e talento.
O nome responde o xesto de quitarse o chapeu en público que protagonizaron Maruja Mallo, Margarita Manso, Salvador Dalí e Federico García Lorca na Porta do Sol.
O nome responde o xesto de quitarse o chapeu en público que protagonizaron Maruja Mallo, Margarita Manso, Salvador Dalí e Federico García Lorca na Porta do Sol.
María Teresa León, Ernestina de Champourcín, Rosa Chacel, Concha Méndez, Josefina de la Torre, María Zambrano, Maruja Mallo e Marga Gil Roësset son unha representación destas creadoras.
Gustaríame apuntar a ilustradora Lola Anglada
ResponderEliminarMoi interesante.
ResponderEliminar