Isaac Romero, do Obradoiro Coiraxe |
Bolso "Edges" |
-Descubrín o coiro nun momento de exploración vital que todos vivimos, a adolescencia, polo ano 1993-94. Aos meus 14 anos comecei a parar nun local onde sempre estaban varios artesáns do coiro. Cando me quixen dar conta xa lles pedía que me ensinasen algún trenzado... e á primeira oportunidade que tiven fixen a miña primeira viaxe a Noia a coñecer a Ignacio o Curtidor; lembro perfectamente que aquel día fixen a miña primeira compra de coiro, media pel de poldro; dende aquela o coiro foi o meu compañeiro alá onde fun. Durante moitos anos fun autodidacta. Naqueles anos que non tiñamos Youtube, redes, nin tan sequera Internet, era ardua tarefa conquerir libros ou calquera outra información. No ano 2002 decidín que quería adicarme profesionalmente, e en 2003 matriculeime na Escola de Artes de Córdoba para facer ciclo de Deseño Artes Plásticas e Artesanía en Coiro.
- ¿Que ten o coiro que non teña outro material?
- Ao principio enganchoume do coiro o mero feito de poder imaxinar (deseñar) algo e facelo, pasar dunha idea a algo material... coido que era o sinxelo feito da creación. Pero a medida que fun coñecendo máis o material, e a día de hoxe, fascíname do coiro as súas múltiples aplicacións e características, podendo tratarse como un material duro e ríxido, como unha madeira ao sutil, flexible e maleable como pode ser unha seda.
Mochila "Lu.Ra |
- Dentro das técnicas que coñeces ¿cal é a túa preferida?
- Unha das técnicas que dende un primeiro momento me gustou é o trenzado. Unha técnica na que afondei nestes últimos anos. E aínda que non sei se se considera como técnica, tamén me atrae moito a patronaxe e a construción de bolsos, entendendo tal como un estudo de volumes, medidas, reforzos, cosidos (tanto a máquina coma a man), onde as posibilidades e combinacións son infindas.
- ¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
- Pois ultimamente ando coa idea de facer unha desas caixas máxicas (normalmente vén de madeira) feita 100% en coiro e cos seus mecanismos de peche agochados... Aínda que é unha peza máis da lista de "cousas por facer".
- ¿Que consello lle darías a alguén que esta empezando?
- Diríalles que andando faise o camiño, é dicir, que merquen coiro e se póñan ao choio, a facer os seus primeiros proxectos. Que empecen con proxectos pouco ambiciosos e que sexan quen de rematar... que sexan conscientes de que as primeiras pezas van ter fallos... e iso é bo porque deses erros van ir aprendendo. Outro tema importante sería o tema ferramentas... ao comezar considero máis importante o gasto en peles que en ferramentas... porque como di o noso amigo Serge Volken, "se te gastas todo o diñeiro nas mellores ferramentas non che vai a quedar diñeiro para coiro... e sen coiro pouco podes facer". Certo é que a boa ferramenta marca diferenzas, pero moito máis decisivo, ao meu xuízo, é a destreza das mans que as manexan.
Biseladora "Hansen string Cutter" |
- Algunha... Unha por exemplo é unha biseladora tipo Hansen String Cutter importada de USA; é unha ferramenta moi específica xa que se usa principalmente para biselar os cantos interiores das tiras de coiro coas que se cose ou trenza, dando un moi bo acabado aos traballos. E outra moi común e que á súa vez utilizo cada día é unha lezna de trenzar (fid), ao que lle cambiei o mango orixinal por un mango máis pequeno e feito de coiro laminado que me permite telo na man doadamente... e utilízoo para marcar patróns, cosidos, distancias e mesmo para dar texturas e/ou detalles ao repuxar.
- ¿Tes algún referente no oficio que consideras como inspirador?
- Sí... moitos... dende os máis próximos como Jose Villar, Vidal Revilla, Ernesto Sánchez ou Michael Nadeau, o portugués Joao Carvalho ou o suízo Serge Volken... E sen poñer nomes tamén me resulta moi interesante a estética que artesáns asiáticos (en especial os xaponeses) imprímenlle ao seu traballo tan sutil e limpa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!