venres, 27 de marzo de 2020

Efemérides de M.C. Escher: o Mestre dos Mundos Imaxinarios [BIBLIOTECA]


Tal día como hoxe hai 48 anos falecía Maurits Cornelis Escher (1898-1972), un dos máis grandes e prolíficos artistas gráficos do século XX, calcúlase que a súa produción ascendeu a máis de 400 litografías e gravados en madeira e uns 2.000 debuxos e borradores. Escher tamén realizou ilustracións para libros, deseñou tapices, selos postais e murais. As súas figuras imposibles, mundos imaxinarios e fondos reticulados con diversos patróns utilizáronse en infinidade de portadas de revistas e libros ou en campañas publicitarias.





Para os interesados neste artista podedes consultar o no catálogo da Biblioteca EMAO. Tamén ver a súa obra en WikiArt. A continuación déixovos un vídeo do Canle UNED

 "La fórmula de Escher"


1 comentario:

  1. As composicións modulares xeométricas de Escher son un referente estético, eu sempre o poño como exemplo na aula. Fantástico.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!