luns, 16 de marzo de 2020

GIPI [DEBUXO]

Deixovos unha lectura moi interesante para estes momentos, lectura tanto visual como  narrativa, ainda que algo descorazonadora polo seu contexto post apocalíptico. O seu autor GIPI é italiano e manexa un debuxo solto e eficaz, por non falar de como domina os encadres que lle dan a narración un dinamismo cinematográfico . Para os que esteades a traballar con liña fixádevos na utilización do garabato como recurso gráfico. En outros traballos GIPI utiliza a mancha con acuarela, tomade nota dos retratos, son fantáticos, algúns deles recórdanme a un inspirado Egon Schiele.

 LA TIERRA DE LOS HIJOS




2 comentarios:

  1. ¡Grazas Federico por inaugurar o Blog!.
    Esperamos verte moito por aquí con recomendacións tan interesantes como esta.
    O cómic, o libro ilustrado é unha das aplicacións das nosas ensinanzas de Debuxo artístico e temos ao mellor profesor para aprendernos.
    O administrador do Blog

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!