Fotografías: José Suárez, 1934
luns, 23 de marzo de 2020
A "ola" e o "caneco". Clase maxistral de Agustín Vázquez, cacharreiro de Niñodaguia [CERÁMICA]
Os '' cacharreiros'' de Niñodaguia, tamén coñecidos como '' xarreiros'' ou '' calleiros'' mantiveron a súa olería tradicional grazas á abundante e peculiar arxila do Monte do Barro, en Veigachá. A arxila, con alto contido en caolín, e as temperaturas ás que se someten as pezas na cocción, dá a esta alfarería a cor, a lixeireza e o son que a diferenza doutras olarías.
Neste vídeo o mestre Agustín Vázquez coa sinceridade que o caracteriza, introdúcenos na feitura de dúas das formas máis características de Niñodaguia e enriquécenos con anécdotas que nos transportan a tempos en que a olería xogaba un papel importante no día a día da xente.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Espectaculares as pezas desta olaría tradicional. Cor e formas.
ResponderEliminarNunca asociei o tipo de pezas que o Agustín descrebe 'brancas como a leite' con Niñodaguia; Haberá que investigar sobre isso...
Era bom que a olaría recuperase ese antigo rol no día a día da xente do que fala o Agustín. Economía circular, diminuir o uso de plástico no noso día a día, residuo cero, vida sinxela... vamos a iso!
O caneco. A miña nai me falaba que a miña bisavoa usábao porque tiña sempre moito frio nos pes. A descripción que fai deste "invento" coincide co que fai Agustín. A peza estaba feita en Mondoñedo, zona de donde é a miña nai, zona tamén de tradición alfareira. Tamén nos comentaba, como fai Agustín, do típico accidente que ocurría co tapón, que se soltaba e se mollaba a cama. Así que Eva, volver ao caneco, pero facer unha revisíón de como evitar os accidentes tamén.
ResponderEliminar