O exercicio do que estamos a tratar consiste na construcción de un anel de latón co polo menos unha estrutura con bispeis e no que se incorpora un elemento de madeira que cortamos e traballamos na clase en condicións ordinarias.
Este é o exercicio que explicáramos e estábamos a comezar a facer no curso básico.
No curso de Iniciación sería o exercicio a seguir ao da varilla así que para que vos inspiredes e vaiades facendo bosquexos e si queredes preparando as pezas de madeira se tedes algo na casa que podades aproveitar, deixovos aquí algúns exemplos para complementar o exercicio que vos enviei por mail.
Cristina Zani - latón dourado, madeira e pintura acrílica |
O bispel (inglete) é un corte en ángulo (V) que facemos no metal para ao pregar conseguir aristas vivas, unha vez que o pregamos sóldase, e esa unión queda invisible.
Como se ve no anel de Cristina Zani o corpo do seu anel pode facerse con dous bispeis, nese corpo soldáronse as dúas bases coa mesma forma que teñen os elementos de madeira, quedando así ven axustado e rematado.
Outros exemplos con estructuras que se poden facer facendo uso do bispel, para aloxar as nosas pezas de madeira:
Exemplos de aneis feitos por alumnos:
Proceso de soldado das estruturas do anel de Emilia Garabatos |
Isabel Varela con madeira serigrafiada |
Tibysai Rey |
Marian de Hierro |
Ide pensando como o queredes facer, se podedes enviarme por mail os bosquexos, e se tedes madeira podemos ir traballando con ela (cortar, limar, tallar, ...) para avanzar a construcción para a volta.
¡Espero noticias vosas!! ;DD
Unha proposta moi interesante. Fantásticos os traballos das alumnas. Parabéns!!!
ResponderEliminarGrazas, si sempre sorprende a creatividade e bo facer dos alumnos e como cada un asume e reflexase na súa obra. ;DD
Eliminar