Para os alumnos dos grupos Básico e Iniciación imos comezar outra tarefa. Como todos os anos imos debuxar zapatos. Un obxecto próximo e que nos dará unhas grandes posibilidades plásticas para traballar co estilógrafo. Seguiremos utilizando o método do visor como vos indiquei no correo. Obrigado que o fagades con criterio, con calma, buscando unha posición atractiva, aínda que pareza complexa.
PRIMEIRO EXERCICIO . Límite das formas
1. Utilizo o visor como expliquei no correo
2. Debuxo todos os elementos utilizando o lápis HB
3. Remato co estilógrafo so delimitando as formas, sen facer escalas de grises nin procurando volumes.
Deixo varios exemplos doutros anos do que queremos conseguir nos seguintes exercicios. Agora fixádevos sobre todo nas posicións e as proporcións. Os acabados iniciais, só a liña contorno, sen buscar os volumes, lembrade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!