luns, 30 de marzo de 2020

Entrevista a Noé e Susana de Coiro Chorima [COIRO]

Como vos dixemos o venres, estamos a publicar entrevistas a artesáns da nosa contorna e hoxe lúns tócalle a Su e Noé do Obradoiro Chorima de Porriño.


Su e Noé no seu posto nun mercado
Como quedamos- ¿Cómo empezachedes no coiro? 

Alá polo ano 2008 foi cando empecei a ter contacto co coiro de forma esporádica facendo pequenos encargos para amigos e coñecidos. Despois, en maio de 2013 foi o primeiro contacto coa venta na rúa, na maravillosa Península do Morrazo. 
A paixón polo oficio non deixou de medrar e foi en decembro de 2014 cando todo deu un xiro e decidimos facer disto algo profesional, legal e tendo  máis claro que nunca o camiño que queríamos seguir. 


"Bolso de Hombro"

-¿Que ten o coiro que non teña outro material? 
A calidez e a amplitude de técnicas que pode abarcar. 
É un material que permite infinidade de formas, texturas, acabados e co que nunca paras de descubrir. 

- Dentro das técnicas que coñeces ¿cal é a vosa favorita?
Cada técnica ten o seu encanto, pero algo que nos gusta moito é a volumetría. 
Poder conseguir volumen nunha peza, como si se tratara de madeira ou cerámica é unha sensación moi bonita. 
Aínda así, outras técnicas como o trenzado ou a costura con punto guarnicioneiro tamén nos resulta moi gratificante, sobre todo a costura con punto guarnicioneiro, a cal aplicamos en todas as nosas pezas. Para nós é algo moi importante e algo que se debe conservar e transmitir. 

- ¿Que peza tedes ganas de facer e aínda non fixechedes?
Difícil pregunta. As ideas nunca deixan de xurdir, algunhas viables e outras igual non tanto, pero sempre coa ilusión de investigar e desenvolver cousas novas. 

- ¿Que consello lle daríades a alguén que está a empezar?
Que non colla malos hábitos. Cando te acostumbras a facer algo dunha forma concreta, como pode ser coller mal unha ferramenta, despois é moi difícil correxilo. 

Pinzas de Guarnicioneiro
- ¿Tedes algunha ferramenta "especial"?
Dúas pezas moi especiais e con moito protagonismo no noso taller son as nosas pinzas de guarnicioneiro. Ademáis de aportar calidade ó noso traballo e mellores acabados na costura, son especiais para nós, e únicas. 

- ¿Tes algún referente no oficio que consideres como inspirador?
Como inspirador en canto a técnicas, acabados e coñecementos, sen dúbida, Vidal Revilla. Sempre valoramos moito a súa experiencia e traxectoria. 


"Chaveiros Trenzados"
Mochila

Bolso Mateado

Bombonera


Datos de contacto: 
Telf: 655442214
Correo electrónico: oliveiracostasnoe@gmail.com
Facebook: Artesanía en Coiro Chorima 
Instagram: Coiro Chorima 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!