luns, 30 de marzo de 2020

Efemérides de Francisco de Goya: o Pintor das Luces e as Sombras [BIBLIOTECA]



Un 30 de marzo de 1746, hai hoxe 274 anos, nacía en Fuendetodos, (Zaragoza), o pintor Francisco de Goya e Lucientes, un dos artistas máis influentes da historia da arte a nivel mundial. 
A súa obra abarca a pintura de caballete e mural, o gravado e o debuxo. O seu estilo evolucionou desde o rococó, pasando polo neoclasicismo, ata o prerromanticismo, sempre interpretados dunha forma persoal e orixinal. A arte de Goya representa un punto de inflexión entre os séculos XVIII e XIX. Sempre innovador, conseguiu adiantarse a todos e cada un dos movementos pictóricos que apareceron en Europa, desde o romanticismo ao surrealismo, pasando polo impresionismo e o expresionismo.

Para resumir poderiamos falar de cinco etapas na vida e obra de Francisco de Goya: 
  • Primeira época (1746-1775): Desde o seu nacemento en Fuendetodos (Zaragoza), pasando pola súa formación na Academia Zaragozana de Debuxo, a súa preceptiva “viaxe a Italia” para seguir formándose, as súas primeiras pinturas relixiosas en Zaragoza, mestura de barroquismo e clasicismo, ata a súa instalación definitiva en Madrid para traballar na Real Fábrica de Tapices.
  • Segunda época (1775-1792): O seu traballo céntrase na realización de cartóns e bosquexos para a Real Fábrica de Tapices. Aproveita para coñecer as coleccións de pintura da Corte, realizando estudos de Velázquez. O seu crecente éxito permítelle iniciar a súa faceta de retratista. 
  • Terceira época (1792-1808): Enfermidade e xordeira. Nova visión máis critica e profunda, que se reflicte nos gravados de "Os Caprichos", os frescos de "San Antonio da Florida" e nos seus mellores retratos.  
  • Cuarta época (1808-1819): A guerra da independencia e novas recaídas inflúen decisivamente nos seus óleos "A carga dos mamelucos -2 de Maio-", "Os fusilamentos do 3 de maio", nos gravados de "Os desastres da guerra" e da "Tauromaquia", así como nos seus novos retratos. 
  • Quinta época (1819-1828): A amargura da decepción e a vellez proxéctanse nas pinturas negras e os gravados de "Os disparates". Volve a calma nos seus temas de exilio. 
A obra de Goya inclúe uns cincocentos óleos e pinturas murais, ademais de preto de trescentos aguafuertes e litografías e centenares de debuxos. A maioría consérvase no madrileño Museo del Prado, aínda que tamén hai un bo número de obras en Francia, especialmente no Museo do Louvre, así como nos de Agen, Bayona, Besançon, Castres, Lille e Estrasburgo.
No fondo moderno da Biblioteca da EMAO  tamén tedes información sobre este xenio da pintura.

El Quitasol, 1777


La Familia de Carlos IV


El 3 de mayo en Madrid o "Los fusilamientos". 1814
Saturno (serie Pinturas Negras), 1820-1823


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!