sábado, 28 de marzo de 2020

Seyni Awa Camara [CERÁMICA]

 
A obra da ceramista senegalesa Seyni Awa Camara ( Casamance 1940) ten por unha banda, un transfondo máxico - relixioso e por outro unha narrativa social - reivindicativa. 

Autodidacta ou como a ela gústalle dicir "Deus deume o meu destino e estou obrigada a cumprir co meu traballo ata o fin dos meus días". Cun amplo imaxinario en canto a temas e unha potente hibridación, atopa na muller o seu eixo central.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!