martes, 17 de marzo de 2020

"Cueronavirus" [ARTESANÍA EN COIRO]



Xa que por mor do Covid19 nos vemos obrigados pechar a EMAO e cambiar a paisaxe urbana de García Barbón 5 pola de Campolongo, non debemos deixar de lado o Coiro.

Xa que non só pode ser un xeito de seguir aprendendo, senon tamén como mantemento da rutina, e á vez para tratar de modificar os algoritmos das redes sociais e que nos atopemos con algo diferente a videos, audios ou memes que o que consiguen que esteamos na casa algo máis agobiados do que deberiamos estar, quero plantexarvos un novo xeito de traballo.
Sempre nos estamos a queixar de que non atopamos en castelán ou en galego información sobre técnicas, materiais, ferramentas ou personaxes, xa que todo tende ó inglés e cando o traducimos online a información se modifica, ou perde a súa idea orixinal..... polo tanto invítovos a crear ese contido co que sabemos entre vos, os alumnos e máis eu, o "teleprofe".
Así pois empezamos, en tres, dous, un.....

Para os de Básico e Iniciación que vos parece comezar falando do Repuxado, ¿qué é? ¿que formas de repuxar hai? ¿Que tipos de Coiro se empregan para repuxar? ¿Que ferramentas se empregar?












Para os de Superior e Avanzado podemos comezar polo Labrado, respostando as mesmas perguntas e podedes engadir nomes de artesáns que vos gusten ou chamen a atención como aplican esta técnica.



Tedes ata o xoves pola mañán para aportar nos comentarios o contido, así seguiremos traballando e coa cabeciña ocupada.....
Boa sorte



4 comentarios:

  1. Algo daremos....

    ResponderEliminar
  2. El labrado es una técnica decorativa, consiste en dar volumen mediante una compresión. Formas de labrado: estilo Seridan, labrado floral y flor labrada. El tipo de cuero que se utiliza vaquetilla. Herramientas que se utilizan: cuchilla incisar, mateadores, martillo o mazo, buriles, "modeladores" y piedra.

    ResponderEliminar
  3. O repuxado é unha técnica artesanal coa que podemos dar volume a materiais lisos e maleables, conseguindo efectos decorativos en relevo. No caso do coiro, utilizamos esta técnica en pel de potro previamente curtida (curtido vexetal). Pódese realizar marcando repetidamente un deseño con axuda de buriles na flor dunha peza de coiro humedecida e situada sobre unha plancha de plastilina de anchura uniforme. Unha vez logrado o volume desexado, o coiro retírase da plastilina e trabállase sobre unha superficie ríxida (mármore). Para fixar o volume aplícase cola branca pola carne, nas partes afundidas.
    Unha variante é o repuxado con molde ou moldeado, no que a pel se traballa sobre un molde ríxido ata conseguir que se adapte a el por completo e reproduza os seus detalles. Esta técnica require romper previamente as fibras do coiro, empapándoo e apretándoo para que se volva flexible.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  4. Buenas explicaciones, Maica y Isa, se nota que estabais atentas con los apuntes......Gracias

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!