O outro día chegoume unha reflexión que di o seguinte:
"Qué casualidade que as tres materias educativas menos valoradas con menos horas lectivas e consideradas "Marías" como son Debuxo, Música e Educación Física sexan agora a mellor forma de manter un equilibrio e saúde mental... Fomentar a creatividade, cantar e tocar instrumentos e facer algo de exercicio na casa son as recomendacións que fan todos os expertos..."
Hai uns meses lin un libro que vos recomendo para estes días, que enlaza co anterior, "LER O MUNDO". Reflexiona a favor da arte en todas as súas formas, centrándose na literatura, coa intención de que estas cheguen a formar parte das nosas vidas cotiás. Reflexiona tamén, e isto me parece moi interesante, sobre o concepto de rendibilidade e utilidade, como as artes, aparentemente inútiles nos sistemas educativos sometidos ao modelo de mercado e a un imperativo de utilidade económica, son con todo as máis útiles para estimular a capacidade crítica e empática necesaria para o exercicio da cidadanía.
Autora Michèle Petit
Agardo que todo isto que está a acontecer nos sirva para reflexionar sobre o que é realmente útil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!