luns, 23 de marzo de 2020

Gaita de Boto Aragonesa [CAIM GAITA]

Imos ver hoxe outra das gaitas que existen na península ibérica: falamos da Gaita de Boto (Aragón).
Esta gaita chegou a estar case perdida, iniciándose a súa recuperación na década dos 80 aproximadamente. Nesa recuperación a nosa Escola tivo moito que ver, xa que unha das primeiras reproducións a partires dunha vella gaita, facilitada polo grupo Hato de Foces de Zaragoza, fixémola no noso obradoiro, construindo dúas unidades.
Unha das características propias desta gaita é o feito de que as antigas estaban todas recubertas de pel de serpe (como se pode ver na foto inferior); isto séguese a facer hoxendía aínda que en menor medida.



Deixo aquí unha ligazón onde podedes ver un pouco da súa historia e curiosidades.






Aquí tedes un video onde podedes escoitar o seu son


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!