"O que vexo dende a fiestra"
Como non saímos moito da casa e achegámonos coma nunca ás fiestras e aos balcóns, propoño que debuxedes esa vista agora tan familiar. Deixo como exemplo un debuxo realizado por min estes días. Como observades collo uns elementos concretos, non pretendo abranguer todo o espazo, fago un zoom e concéntrome nunha parte co fin de acadar unha composición equilibrada.
É fundamental que concentredes os vosos esforzos en resolver con criterio e pensando cada paso:
1. encadre
2. proporción
3. perspectiva
O nivel de acabado déixoo ao voso criterio. Eu procurei non superar os 40 min na sesión, chegado ese tempo deixeino, logo fixen uns pequenos retoques, como o rotulado de liñas da sombra do chan e o remate de follaxe. Podería rematalo un pouco máis pero considerei que como apuntamento chegaba.
Deixo os pasos do proceso:
1.
Comezo encaixando co lápis. Penso ben o que quero debuxar e relaciono partes para proporcionar valorando ben que a escena "ENCAIXE" no meu espazo de traballo. Trátase dunha aproximación, non rematedes e traballedes en exceso co lápis.
2.
Rotulo contornos xa fixándome nos espazos de sombra que vou marcando. Procuro ser preciso neste rotulado.
3.
Agora a disfrutar da liña-trama e facer pequenas correcións e "trampeos" de perspectiva que se me colaran. Non vou dicir cales.
Remato. Aquí o nivel de acabado é libre. Eu sempre procuro poñer un tempo de execución e non excederme dese tempo.
Material:
Neste caso utilicei o lápis HB a pluma xaponesa e o block GrafBook de 100gr de Clairefontaine formato 19 X 25.
Excelente proposta!!!
ResponderEliminarEspero ensinar os mellores resultados...esta é unha proposta aberta para todo o que queira. Animádevos.
ResponderEliminarHola: Boa tarde!!!
ResponderEliminarPenso que o papel e moi estreito e longo. Non axeitado. A elipse está moi grande. A árbore está non dentro da liña do horizonte. Millor máis a dereita. A base non parece que garde a perspectiva. A copa da árbore moi grande.
Creo que non entedeu a proposta, vai dibuxar na sua xanela
EliminarA que te refires ao debuxo publicado?..ou son as dificultades cas que te atopas para debuxar?
EliminarUnha proposta preciosa e necesaria, así baixamos estrés domiciliario !!
ResponderEliminarMoitas grazas.
Excelente proposta, gostei do proceso e dos pasos, grazas
ResponderEliminarPois a participar. Ánimo
EliminarGóstame moito moitísimo esta proposta para estés días de quedarmos na casa. Graciñas.
ResponderEliminarEl dibujo me gusta mucho. Es una alternativa entre 2 objetos, un árbol y un cubo. En nada se parecen pero es una vista muy común en un ambiente urbano. Esta al día. Sigue así. Saludos
ResponderEliminarGracias, efectivamente es una vista urbana sin que aparezca ningún edificio, esa era la idea. Un saludo
ResponderEliminar