As cadeas bizantinas son un antigo e clásico tecido na ourivaría europea e oriental.
Este tipo de cadeas desenvolvéronse en época bizantina tardía,
debido ás constantes invasións e tamén polo comercio foron empregadas tamén polos Persas e Celtas aplicando múltiples variantes.
Este tipo de cadeas desenvolvéronse en época bizantina tardía,
debido ás constantes invasións e tamén polo comercio foron empregadas tamén polos Persas e Celtas aplicando múltiples variantes.
Abrangue moitos tipos de tecidos feitos con argolas entrelazadas;
estas colócanse por pares buscando unha simetría.
As cadeas bizantinas son moi versátiles e resistentes, habitualmente empréganse en colares e pulseiras, pero ás veces tamén en pendentes.
O grosor do fío co que se constrúe é importante pois non debe ser moi fino pois os aneis non van soldados a maioría das veces, e se a argola é moi fina corre o risco de abrirse; tamén sabemos que a maior diámetro maior grosor de fío para compensar.
Na construción destas cadeas existen múltiples variantes como empregar para un mesmo tecido distintos diámetros de argolas, distintos grosores de fío, distintos tipos de fío que achegan cor, fío liso ou fío entorchado, etc. Tamén unha vez rematada a cadea pódese pasar pola fieira cadrada aplanando as argolas e compactando o tecido.
As imaxes superior e inferior son o mesmo tipo de cadea,
só que a da imaxe a seguir foi pasada pola fieira.
A seguir imos ver como se realizan algúns modelos deste tipo de tecido, pero existen moitos máis que podedes atopar pescudando.
CADEA BIZANTINA BÁSICA
Este é o tipo máis común e simple de cadea bizantina, realizase partindo de tramos de tres pares de aneis. A seguir tedes un esquema de construción, que explica como hai que ir entretecendo.
Se queredes practicar empregade cobre, latón ou aluminio escollendo entre as seguintes medidas para construír as argolas:
Fío 1,3 mm grosor - Diámetro interior 4,5 mm (grosor mandril)
Fío 1,2 mm grosor - Diámetro interior 4,0 mm (grosor mandril)
Fío 1,0 mm grosor - Diámetro interior 3,5 mm (grosor mandril)
Na clase xa temos explicado como se constrúen as anelas empregando un mandril, recordade que o fío sempre debe estar recocido para que se adapte ben.
Prepararíamos un bo lote de anelas, despois cortaríamos as anelas empregando o arco de serra para que o seu corte sexa limpo e non se note moito ao pechalas.
Unha vez cortadas podemos pechar un terzo delas empregando as tenaces e os dous terzos restantes as abriríamos un pouco para deixalas preparadas para comezar a tecer, tal como se indica no diagrama anterior.
No seguinte vídeo explicase moi ben todo o proceso
CADEA BIZANTINA QUEEN'S LINK
Esta cadea denominada "enlace de raíña", tamén é coñecida como cadea bizantina de caixa, vén sendo un tipo de tecido de sección cadrada.
Para contruíla empregaríamos:
Fío 1,3 mm grosor - Diámetro interior 5,25 mm
Fío 1,0 mm grosor - Diámetro interior 4,0 mm
E seguiremos o seguinte diagrama:
Para construír a primeira figura podedes seguir o anterior esquema da figura 1 a 6 e despois seguides este.
Aquí tedes un vídeo demostrativo
CADEA BIZANTINA PARALELA
Neste tipo de cadea entralázanse as argolas dipoñéndoas en paralelo, como vedes na imaxe empréganse dous tipos de tamaños de aneis, pero tamén se pode variar o grosor e cor do fío.
Para creala poderíamos empregar:
Con fío de 1,3 mm de grosor - Grandes 7,0 mm diámetro interior / Pequenas 4,5 mm
Con fío de 1,0 mm de grosor - Grandes 6,0 mm diámetro interior / Pequenas 3,5 mm
Un dos modos de facer esta cadea e o exemplo que podemos seguir no seguinte esquema:
Se vos fixades no exemplo as argolas pequenas deben entrar no diámetro interior da anela grande, isto debédelo ter en conta por se queredes modificar os grosores ou tamaños.
Non é un tecido complexo e resulta moi bonito como podedes observar no seguinte vídeo.
A seguir déixovos unha serie de modelos distintos a estes con enlaces a vídeos demostrativos.
Animádevos a realizar algún, hai infinidade deles.
Esta é semellante á cadea Queen's link pero o efecto é como unha espiga.
Variante deste tecido pero empregando aneis máis grandes resulta esta bonita cadea máis aberta que constrúen no seguinte vídeo
Esta cadea forma un cordón de sección redondeada, empregando moitas argolas e formando un trenzado laborioso.
Neste enlace observamos un proceso máis complexo e laborioso pois as argolas van soldadas e ademais emprega dous tipos de tamaños colocando as máis grandes perpendiculares para unha vez rematada pasar pola fieira e encher os ocos buscando un efecto compacto e diferente.
Como vedes son múltiples as variantes e posibilidades que nos achegan estes tipos de tecidos, e ademais son procesos sinxelos que podemos realizar con poucos medios.
Espero que vos guste o artigo e que vos inspire,
un saúdo e grazas por visitarnos ;D
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!