Falando de caixas: Cando a nosa aula ocupou o Museo Nacional Thyssen [TALLA E ESCULTURA]
BIG VALISE
Equipo Musaraña xunto á maleta "Big Valise" na sala 44 do Thyssen
Xa vai para tres anos que a aula de talla e escultura da EMAO colocou unha obra na sala 44 do Museo Nacional Thyssen Bornemisza. Hoxe quero colgar este post como homenaxe aos meus alumnos que co seu esforzo e bo facer conseguen colocar a Escola de Artes e Oficios Municipal de Vigo en lugares tan destacados como un Museo Nacional.
"A finalidade en educación é mostrar á xente como aprender por si mesmos. O outro concepto da educación é adoutrinamento"
Noam chomsky
Cartela da obra na sala
Así lucía a maleta xunto con outras obras na sala 44 do Thyssen
En novembro de 2017 inaugurábase a exposición Lección de arte no Museo Nacional Thyssen de Madrid, como peche do seu programa expositivo no seu 25 aniversario, convidando o público a reflexionar sobre o papel educativo dos museos na nosa sociedade, cun proxecto comisariado pola área de Educación do Thyssen.
A nosa participación formou parte do proxecto “Big Valise”. Este proxecto toma o seu nome da “ Boîte-en valise” de Duchamp, na que o artista recolleu nunha maleta 20 caixas con reproducións da súa obra.
A nosa caixa "horizonte"
Este proxecto, que se elaborou dende o colectivo Musaraña -grupo de mestres do que formo parte na área de educación do museo-, podémolo considerar moi noso, xa que parte dun proxecto de traballo deenvolvido na aula de Talla e Escultura na Escola de Artes e Ofícios -“Ver onde outros só miran”-, que foi presentado nunhas xornadas educativas celebradas no Thyssen. Neste proxecto traballábamos sobre o tema de investigación arte-territorio, manexando conceptos que tiñan que ver coa identidade, a tradición o lugar e a arte no século XX, vinculándoo a obras do museo Thyssen -Cornell e Schwitters-, de aí saíron esas caixas contedoras de historias nas que, con crebas, o reto consistía en construír, partindo da propia experiencia de aprendizaxe, unha narrativa propia a partir dos obxectos, tomando como referencia a artistas como Duchamp, Cornell ou Schwitters, movementos como o Dada e conceptos como a esamblage ou collagge.
Este proxecto foi seleccionado para ampliarse e producirse a nivel Nacional dende a Área de Educación do Museo, o colectivo Musaraña traballamos para que o proxecto crecese e percorrese diferentes Centros educativos de España de maneira que esa gran Maleta se convertese nun gran contedor de historias de diferentes lugares nas que alumnos de 12 centros nacionais de moi distintos niveis educativos gardasen historias que falasen dos seus Territorios a través da arte.
Big Valise na aula de escultura e talla na EMAO
Pois como vos dicía ao principio, esta maleta con todos os seus contidos xunto a dúas obras de parede que realizamos no Lab de 2017 co colectivo Basurama estiveron expostas na sala 44 do Museo Nacional Thyssen Bornemisza xunto os Cornell e os Schwitters, de novembro do 2017 a xaneiro de 2018. Alí podíase ler en negriña o nome da nosa Escola situada nun dos mellores centros de arte nacionais e internacionais. Para a nosa aula foi un orgullo formar parte moi especial dese proxecto e trascender o bo traballo cos nosos alumnos e alumnas fan na nosa Escola.
Reportaxe no Faro de Vigo sobre o noso traballo
Alumnos traballando no proxecto
Diferentes vistas da nosa caixa
Contido da caixa, bote de cristal con auga de mar, area, caderno de bitácora
Imaxes traballadas do proxecto
GRAZAS AO EQUIPO MUSARAÑA COA AREA DE EDUCACIÓN DO THYSSEN POR FACER QUE OS MUSEOS CHEGUEN ÁS AULAS E AS AULAS AOS MUSEOS!!!
Big Valise segue percorrendo territorios novos todos os anos dende esa primeira aventura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!