"O gravado científico convértese no selo distintivo dos libros sobre historia natural cuxo mercado prolifera rapidamente. Aparecen obras de divulgación científica profusamente ilustradas. As técnicas de representación gráfica estúdanse a conciencia e os artistas aplican a súa destreza para realizar ilustracións extraordinariamente fieis ao modelo natural. A perfección alcanza tal punto que podemos atopar imaxes gravadas con tal luxo de detalles que a primeira ollada o ollo humano non podería percibir. Chegou a era da ilustración científica, na que o gravado adquire gran importancia para a difusión de disciplinas como a medicina, a física, a enxeñería, a cartografía, a arquitectura ou as ciencias naturais."
Texto de gabinetedelgrabado.com
Nesta época destaca o traballo de Maria Sybilla Merian, a cal lle adicamos un post especial neste blog que podes consultar premendo aquí.
Ananas mit Kakerlake (Pineapple with cockroach) by Merian (c. between 1701 and 1705) Hand coloured copper engraving |
Mark Catesby (1683 - 1749) foi un naturalista inglés. Entre 1731 e 1743 Catesby publicou o seu Natural History of Carolina, Florida and the Bahama Islands, a primeira obra impresa sobre a flora e fauna de América do Norte.
Lámina de Natural History of Carolina, Florida and the Bahama Islands (1731-1743). |
Blue Linnet (Linaria caerulea) from The Natural History of Carolina, Florida, and the Bahama Islands (1754) |
Michael Valentini:
Albert Seba ou Albertus Seba (Etzel, Alemaña, 1665 - Ámsterdam, 1736). Zoólogo holandés, nado en
Alemaña. Seba impulsou a catalogación sistemática das súas pezas, publicada baixo o título Locupletissimi Rerum Naturalium Thesaurus. Dividida en catro partes (1734, 1735. 1758 e 1765), dous delas póstumas, está composta de 446 gravados de gran tamaño, 175 delas dobres. Cada volume pesa 9 kg e mide 51 cm de alto. A primeira edición só incluía gravados en branco e negro, o que dificultaba a identificación das especies, polo que algúns dos exemplares foron coloreados a man. Outro problema xurdiu no proceso de gravado, que producía unha imaxe especular dos orixinais. Isto non era grave en xeral, dada a simetría lateral da maioría dos animais, excepto no caso das cunchas dos moluscos, que viraban na dirección equivocada. Como detalle curioso pódese mencionar que o libro incluía unha suposta hidra.
Eleazar Albin foi un ilustrador naturalista e acuarelista inglés que escribiu e ilustrou unha serie de libros que inclúen Unha historia natural de insectos ingleses, Unha historia natural de aves e A historia natural de arañas e outros insectos curiosos. Aínda que se centraba nos insectos paréceme interesante para o exercicio proposto que vos fixedes en como debuxa as plantas e as ilumina con acuarela á man.
Privet Hawk Moths and Callajoppa Exaltatoria by Eleazar Albin, 1720 |
Opuntien auf Tafel 766 von Johann Wilhelm Weinmanns Phytanthoza_Iconographia |
"Phytanthoza iconographia" showing Geniculata and Genipa americana |
Elizabeth Blackwell (17071 - 1758) foi unha ilustradora botánica escocesa. Fíxose famosa como artista e gravadora de láminas de A Curious Herbal, publicado entre 1737 e 1739. O libro contén as ilustracións de moitas curiosas e descoñecidas plantas do Novo Mundo e foi realizado como obra de consulta de plantas medicinais tanto para médicos como boticarios.
Carlos Linneoa (en sueco: Carl Nilsson Linnæus, latinizado como Carolus Linnæ usb, tamén coñecido despois do seu ennobrecemento como Carl von Linné (1707- 1778), foi un científico, naturalista, botánico e zoólogo sueco. Considerado o creador da clasificación dos seres vivos ou taxonomía, Linneo desenvolveu un sistema de nomenclatura binomial (1731) que se convertería en clásico, baseado na utilización dun primeiro termo, coa súa letra inicial escrita en maiúscula, indicativa do xénero e unha segunda parte, correspondente ao nome específico da especie descrita, escrita en letra minúscula. Doutra banda, agrupou os xéneros en familias, as familias en clases, as clases en tipos (fila) e os tipos en reinos. En 1753, Linneo publicou Species Plantarum, que foi aceptado internacionalmente como o comezo da nomenclatura botánica moderna xunto co seu traballo anterior Systema naturæ.
Se vos apetece ampliar información deixo aquí algún vídeo sobre as expedicións botánicas no século XVIII. Espero que os gocedes!
Canal Uned
Mujeresconciencia.com
Biblioteca virtual de viajes científicos ilustrados
La expedición de Malaspina
Gabinetedelgrabado.com
RTVE a la carta. La aventura del saber. Ilustrando la ciencia
La expedición de Malaspina (Radio UNED)
Carlos Linneo: Biografía, Aportaciones, Clasificación y más. Autor: Editores de PersonajesHistoricos.com Última edición: marzo 31, 2020. Disponible en: https://personajeshistoricos.com/c-cientificos/carlos-linneo/
Conferencia: El Real Jardín Botánico y las expediciones botánicas durante la Ilustración (Audiovisual, Museo Nacional del Prado)
Alba, me están encantando estas entradas son muy didácticas
ResponderEliminar