Esta é polo momento a última entrega dos títulos adquiridos recentemente para a nosa sección de novela gráfica, cómics e álbums ilustrados. Espero que vos gusten.
Monet : nómada de la luz / guión, Salva Rubio ; dibujo y color, Efa.-- Barcelona : Norma, 2017
Do Salón dos Rexeitados ao movemento dos impresionistas, de novo artista
sen diñeiro a gran burgués, de esposo a amante, a vida de Claude Monet
foi en grao sumo variada. Con todo, manteríase fiel a unha cousa:
liderar un movemento que cambiou a visión da pintura no século XIX. Un inconformista que xamais renunciou á súa misión: asolagar dunha luz absoluta a súa obra e cambiar así o curso da historia.
Salva Rubio e Ricard Efa verten a súa paixón pola pintura nunha impresionante novela gráfica sobre Monet.
O artista que consagraría a súa vida á procura da luz e que lideraría
un movemento que cambiaría a visión da pintura para sempre.
Egon Schiele : [vivir y morir] / Xavier Coste [traducción, Amaiur Fernández].-- Barcelona : Norma, 2014
Viena desprega o seu esplendor artístico baixo a ameazante sombra da Primeira Guerra Mundial. É entón cando Egon Schiele, un mozo ardente e febril dedícase a peito aberto á pintura, alentado e apoiado polo seu mestre Gustav Klimt.
Pero aínda que cre poder vivir e pintar en liberdade, chocará con
aqueles que se escandalizan coa súa forma de entender a arte.
O tamén novo autor Xavier Coste debulla a vida deste pintor e
preséntanos os momentos máis interesantes da súa excéntrica e tráxica
existencia.
El sueño de Dalí / Carlos Hernández.-- Barcelona : Norma, 2018
Un Salvador Dalí no leito de morte rememora os acontecementos que
marcaron a súa vida: desde a rivalidade co seu pai ata a fama mundial
como artista, pasando polo seu encontro con Lorca e Buñuel ou a expulsión do grupo surrealista de André Breton.
Obsesionado desde pequeno con pasar á historia, o xenio de Figueras
quizais sexa o exemplo por antonomasia de artista fundido coa súa obra.
Carlos Hernández ofrécenos no soño de Dalí un afinado retrato do gran
pintor surrealista, no que transcende os trazos máis grosos e coñecidos
da súa excéntrica personalidade para trazar unha cartografía precisa das
súas pulsións, inquietudes, paixóns e fobias. Unha existencia guiada
polo desexo de perdurar máis aló da morte e marcada a lume pola súa
eterna musa, Gala.
Rembrandt / Typex.-- Barcelona : Norma, 2013
A vida de Rembrandt, o gran pintor holandés, é tan extraordinaria como a súa produción artística. Unha mocidade chea de éxitos persoais e profesionais deu paso a uns últimos anos marcados pola traxedia e a ruína económica. Nesta biografía gráfica asinada polo artista tamén holandés Typex, descubriremos as súas facetas máis brillantes e tamén as máis escuras, desde os seus anos como pintor de corte ata os días en que tiña que enganar para conseguir vender un dos seus cadros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!