mércores, 3 de xuño de 2020

O século XVII e a estampa botánica [SERIGRAFÍA]

Micrographia é o título da obra escrita en 1665 polo científico inglés Robert Hooke, no que aparecen por primeira vez gravados das imaxes tomadas con microscopio. É a primeira publicación importante da Royal Society, tamén foi o primeiro best-seller científico, inspirando un grande interese público na nova disciplina da Microscopía e foi importante por acuñar o termo célula. 









Crisóstomo Martínez (Valencia, España, 1638- Flandes,1694) foi gravador e tamén traballaba coas imaxes microscópicas. Fixo gravados ao buril para realizar un atlas anatómico; aquí un exemplo:

Esqueletos e ósos, cara a 1680-1694, augaforte, Biblioteca Nacional de España.
 E do microscopio saltamos ao telescopio. Na obra Sidereus Nuncius de Galileo Galiei, publicada no 1610, atopamos gravados calcográficos de imaxes lunares realizadas grazas ás observacións telescópicas:



E seguindo coas pinceladas históricas de inspiración para realizar o exercicio proposto de estampa botánica, hoxe veremos algúns gravadores botánicos e como ao longo do século XVII vaise abandonando a técnica xilográfica para traballar coa calcográfica.

Emanuel Sweert (1552, Zevenbergen - 1612, Ámsterdam), foi un pintor, ilustrador e horticultor neerlandés, destacado pola súa publicación de 1612, en Frankfurt  de Florilegium Amplissumum et Selectissimum.
Sweert viviu nunha época en que plantas novas de todo o mundo se introducían a Europa a través de mercantes holandeses, ingleses e franceses. Para satisfacer o crecente interese en exóticas plantas,  as ilustracións botánicas acharon de súpeto un lugar na produción de catálogos dos viveiros. Sweert preparou o seu Florilegium como guía dos seus preciosos stocks para a "Feira de Frankfurt de 1612". Os seus gravados, que representaban a uns 560 bulbos e flores, eran de Florilegium de Johann Theodore de Bry,  que á súa vez se baseaba no de Pierre Vallet. Os seus atractivos bulbos representados provocaron gran popularidade, dando lugar a seis edicións da obra entre 1612 e 1647.



Basilius Besler (1561 – 1629) foi  médico, farmacéutico e botánico alemán, recoñecido polo seu traballo  Hortus Eystettensis, que que foi un xardín botánico que se creou no período renacentista baixo o bispo Johann Konrad von Gemmingen quen ademais encargoulle realizar un libro onde se recollesen todas as especies botánicas.
Besler contou coa asistencia do seu irmán e un grupo de cualificados debuxantes e gravadores xermanos como Sebastián Schedel e Wolfgang Kilian. Kilian e o seu equipo inicial fixeron os gravados en placas de cobre, pero despois da morte do bispo, ao mudarse as súas operacións a Nuremberg, formouse un novo equipo de gravadores, entre os que se atopaban Johannes Leypold, Georg Gärtner, Levin e Friedrich van Hulsen, Peter Isselburg, Heinrich Ulrich, Dominicus Custos e Servatius Raeven.

O traballo recolle 367 calcografías de 54x42 cm e imprimíronse 300 copias.
O traballo, en xeral, reflicte as catro estacións, mostrando en etapas a primeira floración e frutificación. "Inverno", escasamente representada con apenas sete gravados. "Primavera", era unha estación abundante con 134 gravados ilustrando 454 plantas; e "Verán", en pleno apoxeo, mostrou 505 plantas en 184 gravados. "Outono" pechou o traballo con 42 pranchas de gravado e 98 especies.
Caltha palustris flore. Hand colored print. From 'Hortus Eystettensis'
Basilius Besler, Hortus Eystettensis, Nuremberg 1613. Ouvrage illustré de botanique sur papier. Bibliothèque de l'Université de Liège, Wiki Loves Art, Liège, Belgique




Pierre Richer de Belleval ( 1564- 1632) foi un médico e botánico francés. En 1598 publica un catálogo de especies contidas no xardín botánico de Montpellier:




Daniel Rabel foi un pintor, gravador, miniaturista, botánico e ilustrador. Era o fillo de Jean Rabel, que era artista oficial na corte de Enrique III. Rabel foi empregado por primeira vez como retratista por Marie de Medicis, a segunda esposa de Enrique IV de Francia. Entre os seus traballos botánicos destaca Theatrum florae.

Lilium martagon de "Theatrum florae" (1624)

Daniel Rabel tamén era coñecido polos seus debuxos e gravados para ballets e teatro:
Daniel Rabel. Diseños para la “entrée des Hocricanes et des Hofnaques» del “Gran Ballet de la viuda Billebahaut” (febrero 1626), Biblioteca Museo de la Ópera, Paris

Entrée du Grand Can et de ses suivants

Giovanni Battista Ferrari (1584-1655) en 1633 publica The florunm cultura gravado en pranchas de cobre:

Sitriatus amalphitanus, ilustrado en 'Hesperides, 1646, por Ferrari
Invernadero de citrus, ilustrado por Ferrari

Johan Nieuhof (1618 – 1672) era holandés e escribiu sobre as súas viaxes a Brasil, China e India
Antique Copper Plate Published 1682, Amsterdam for "Gedenkweerdige Brasiliaense zee- en lantreize..." by Johan Nieuhof.

 Abraham Munting (1626 - 1683) foi un médico, botánico e profesor neerlandés.

Cyclamen purpurascens Mill. - 'Flore Carneo'
e
Phytographia Curiosa: Lapathum Sativum Antiquorum
 Charles Plumier (1646 - 1704) foi un relixioso e botánico francés.

Excerpts from the pages 38, 39 and plate 7 from Nova Plantarum Americanum Genera by Charles Plumier (Paris, 1703) describing the genus Magnolia.

Só son algúns exemplos que espero vos sirvan para o exercicio, recordade: data de entrega 12 de xuño!
Ánimo, saúde e moita tinta
 
scientiaportal.wordpress.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!