Das Buch der Natur (Libro da natureza) é un compendio de ciencia medieval en latín de 194 xilografías de 31 centímetros que foi editado e traducido ao alemán en 1481 por Konrad von Megenber, quen escribiu polo menos 30 libros, dos cales Das Buch der Natur é o máis coñecido. O libro baséase nun compendio en latín do sacerdote dominico do século XIII Tomás de Cantimpré. Konrad fixo varias revisións á obra orixinal nas que omitiu moito material e introduciu as súas propias observacións e correccións. O resultado é un estudo de todo o que se sabía sobre historia natural nesa época. O libro consta de oito partes:
(1) Acerca da humanidade, a anatomía e a fisioloxía (50 capítulos).
(2) O Ceo e os sete planetas, a astronomía e a meteoroloxía (33 capítulos).
(3) Zooloxía (69 cuadrúpedos, 72 aves, 20 monstros mariños, 29 peixes, 37 serpes, lagartos e réptiles, e 31 vermes).
(4) Árbores comúns (55 capítulos), árbores aromáticas (29 capítulos).
(5) Herbas e vexetais (89 capítulos).
(6) Pedras preciosas e semipreciosas (86 capítulos).
(7) Dez tipos de metais.
(8) Arroios e augas.



Hortus sanitatis, é un libro que foi escrito polo médico alemán Johann Wonnecke von Caub, máis coñecido como Johannes de Cuba. Tiña máis de 1070 xilografías, algunhas a páxina completa, primeiro editouse en alemán co título de Gart der Gesundheit (1485) e posteriormente é traducido ao latín co título de Hortus sanitatis (1491), editado por Jacob von Meydenbach. Contrariamente ao que pensan algúns especialistas parece que non se trata dunha tradución de Latin Herbarius de 1484 senón máis ben unha obra orixinal de maior tamaño.
Traduciuse ao francés en 1500 co título de Jardin de santé: herbes, arbres et choses qui de iceuly coqueurent et conviennet a lusage de medecine.
A obra Hortus sanitatis está dividida en varios tratados.
De Herbis, a máis famosa, trata das plantas e do seu uso medicinal. Conta con 530 capítulos.
De animalibus vitam in terris ducentium que trata sobre os animais terrestres en 164 capítulos.
De avibus, tratado sobre as aves ademais de sobre os animais voadores en xeral (inclúe morcegos e insectos voadores).
De piscibus, de 106 capítulos, é un tratado sobre os peixes e os 'monstros mariños' (onde aparece unha famosa ilustración dunha serea).
De lapidibus, de 144 capítulos, sobre pedras preciosas.
E, finalmente, Tractatus de Urinis.
A obra en xeral ten unha evidente vocación médica.
As ilustracións son rudimentarias aínda que fieis á realidade. Tamén recolle seres mitolóxicos e lendas medievais (a árbore da vida do paraíso, as sereas, o centauro...).
Preme aquí para máis info do artigo da Biblioteca dixital mundial sobre Das Buch der Natur
Enlace ao artigo da biblioteca virtual Miguel de Cervantes
Base de datos digital de Iconografía Medieval. Universidad Complutense de Madrid. En línea: https://www.ucm.es/bdiconografiamedieval/herbarios
Gabinete del grabado. Fragmentos de historia natural.
Ánimo, saúde e moita tinta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!