|
brocas en espiral |
Como sabedes, no obradoiro da escola empregamos brocas normais de ferro para a perforación dos furados interiores das distintas pezas, o motivo disto é que as brocas específicas para madeira están pensadas para traballos típicos de carpintería ou ebanistería, e non nos ofrecen as características necesarias para traballos de certa precisión.
|
broca de canón |
Ata hai uns anos so existían as brocas que todos coñecemos, en espiral, iso sí con diferentes características e calidades segundo as necesidades de dureza do material, lonxitude ou diámetro do furado, etc. Na actualidade existen no mercado outro tipo de brocas, tecnoloxicamente moito máis avanzadas, que son as
brocas de canón ou de ar comprimido. Estas brocas diferéncianse, visualmente, das tradicionais en que non presentan espiral no seu corpo, son totalmente lisas de principio a fin, pero o que as fai totalmente diferentes é que posúen unhas canles internas que atravesan toda a broca lonxitudinalmente, polas que circula ar a presión.
Polas propias características construtivas, estas brocas son máis ríxidas (non teñen espiral), e a circulación do ar a presión polo interior consegue dous efectos moi beneficiosos para conseguir furados moi limpos e sen torceduras, xa que este se encarga, por unha banda, de expulsar as labras cara ó exterior, e por outra, de refrixerar en todo momento, tanto a peza como a propia broca.
Mais non todo podía ser tan positivo, xa que o prezo de adquisición é elevado, e necesitamos facer unha adaptación no torno para poder introducirlles o ar e dispoñer dun compresor, o que fai que só
|
broca de canón de dous beizos |
resulten rendibles no caso de ter moito traballo que xustifique mercalas.
¿Por que na escola non as utilizamos? Pois a razón é sinxela, ningún (ou casi ningún) dos alumnos as vai a utilizar nun futuro a curto ou medio prazo, logo consideramos máis adecuado aprender co material que logo si imos empregar no noso obradoiro. A utilización da brocas de canón é diferente, incluso fai o traballo máis sinxelo, pero se logo imos utilizar as brocas normais imos ter problemas, xa que o proceso é moito máis delicado.
|
broca de canón dun beizo |
Inda así temos intención, máis adiante, de ter no obradoiro alguna destas brocas para que, polo menos, coñezades as características e emprego das mesmas de primeira man.
Sería mais apropiado falar de sistemas de taladrado profundo,,a broca canón e unha ferramenta do sistema que existe dendefinaismdomS. XIX ainda que o sistema para ser usado en maquinas-ferramenta convencionais apareceu na década de 1950. O nome ven de que nun principio creouse pra facer canóns de fusil.
ResponderEliminarMoitas grazas pola información. O que non é menos certo é que o nome de canón está tan popularizado que mesmo os comercios e tendas especializados así as nomean nos seus catálogos, xa que de taladrado profundo tamén están as brocas convencionais, é unha forma de diferencialas.
Eliminar