luns, 1 de xuño de 2020

"O crítico social do inferno" [CERÁMICA]



Alguén considerou que o ceramista  Grayson Perry (1960) é "o crítico social do inferno", dando a entender o evidente: que o inferno é o mundo que habitamos ou, máis ben, que nos serve como  apousento. A obra deste  indisciplinado artista inglés gañador en 2006 do Turner, o máis prestixioso dos premios das artes plásticas do Reino Unido— non deixa monicreque con cabeza. Xa en 2015 realizou a exposición titulada, de modo moi adecuado, Provincial Punk (Punk  provinciano).
A gran vulgaridade da paisaxe sociocultural destes tempos de masas alienadas, a necesidade de  drogarse —co que sexa: tóxicos legais e  ilegais, virtualidade, celebración da fama e as súas miserias en televisión e outros medios de masas...— e a complicidade co poder que conleva esta submisión, o consumo  irreflexivo e, sobre todo, o mal gusto das clases alta e media —as baixas non teñen dereito sequera a exercer o gusto—, son o centro da obra dun artista que, para empezar, nin sequera se considera artista, porque, segundo afirma, "a arte contemporánea converteuse nunha bolsa de lixo: metes dentro o que che apeteza e o público dirá que se trata de arte".
Aquí deixámosvos con algunhas cerámicas da súa primeira época que forman parte da exposición titulada  The  Pre-Therapy  Years, que se pode visitar estes días no  Holburne Museum en Bath.









1 comentario:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!