Daquela houho que preparar unha boa contextualización histórica destacando aqueles ilustradores de moda máis notables, e que son moitos, como Barbier, René Gruau, Bernard Blosac e un grande da escena neoyorquina dos anos 70, Antonio López. Este autor foi un descubrimento para min. Gústame o lugar e o momento, ese lugar multicultural onde estaba o centro do mundo artístico. Aquilo non era USA, era como dicía Tomi Ungerer, unha cidade de exiliados culturais.
![]() |
Estudio de Antonio López en Carnegie hall |
E por alí andaba Antonio López a finais dos 60, 70 e dos 80, revolucionario, innovador, personaxe cunha maxia especial e posiblemente o ilustrador de moda máis influente dos últimos 50 anos. Se facemos un percorrido polo seu traballo atopamos estilos diferentes e recoñecibles de cada década. El inspirou cada unha destas estéticas.
![]() |
Ilustración do ano 1967 na época do Max Kansas city |
Max kansas city
De orixe portoriqueña chega coa súa familia a Nova York con 7 anos. O seu pai era fabricante de maniquís e a súa nai modista. Estes alimentan o talento de Antonio para dedicarse á moda e á arte. En 1955 gradúase na Escola de moda Taphangen en ilustración. Posteriormente no instituto de Moda e Tecnoloxía coñece ao que será o seu colaborador e parella Juan Eugenio Ramos. Este exercerá de director artístico facendo que as ilustracións de Antonio cobren unha dimensión máis artística vinculada coa arte moderna. A partir de 1962 a parella comeza a colaborar na revista de moda Woman´s Wear Daily WWD e posteriormente para unha sección do New York Times pero de xeito independente. Iso facilita que poidan traballar para outras publicacións como Vogue. A partir dese momento comeza o despegue.
![]() |
Ilustración de 1968 |
Nos anos 70 terán a súa época parisina e colaborarán con Karl Lagerfeld cando este traballaba para Chloe. Antonio e Juan foron unha influencia creativa importante para Karl Lagerfeld. Antonio tamén coñece na cidade da luz a Jesica Lange, a Jerry Hall e a Grace Jones antes de ser actrices coñecidas e as converte nas súas musas establecendo unha relación de complicidade e fraternidade chea de sexo, drogas, música e moito, moito glamour.
![]() |
Eija Vehka Ajo como modelo en 1972 |
![]() |
Ilustración coa modelo Grace Jones |
A mediados dos 70 volven a Nova York. No ano 82 Antonio cae enfermo de SIDA e fará unha campaña para Oscar de la Renta xa ao final da súa vida. Falece en 1987 cando presentaba unha colección en Los Ángeles.
![]() |
Ilustración dos 80 para Oscar de la Renta |
![]() |
Portada de Vogue de 1984 cos deseños de Norma Kamali |
Unha noite, non moito despois de rematar aqueles monográficos na NOCHE TEMÁTICA da 2, atópome cambiando as canles do televisor cun documental dedicado a Antonio López, o ilustrador e icono da moda que tanto achegou á gráfica neste eido.
Deixo este documental co que descubriredes un grande ilustrador, moi recomendable para o alumnado dos grupos Superiores que están traballando o corpo. Espero que vos guste, a min paréceme sensacional, non só polos debuxos que veredes senón polo contexto, a liberdade do momento que viviron e que eles, os seus protagonistas, tamén fixeron posible.
DOCUMENTAL ANTONIO LÓPEZ
...e un pouco de música como BSO desta entrada e que vén moi a colación.
Encantame, sobre todo, a ilustración de 1968 coas rapazas sentadas na moto.
ResponderEliminarPodería ser incluso, un traballo mais actual.
Gracias.
Encantame, sobre todo, a ilustración de 1968 coas rapazas sentadas na moto.
ResponderEliminarPodería ser incluso, un traballo de épocas mais recentes.
Gracias por compartir.