Cando redacto este blog penso no meu alumnado. Agardo que vos chegue, que o vexades, que o leades con interese
e que vos motive para seguir debuxando e
aprendendo. Procuro que os contidos sexan atractivos e formen parte do programa
de aula, de xeito que nos traslademos dun modo virtual ao noso espazo físico. Pero este é un blog aberto a todo o público e resulta moi motivador
saber que outras persoas que non son alumnado de debuxo interésanse polos contidos que achego. Iso pasou coa entrada dedicada á ilustradora
Lola Anglada. Nos comentarios, Elvira, alumna de Cerámica e unha namorada do texto de
Lewis Carroll, coméntame que cre que ten unha edición da Alica no país das maravillas ilustrada por Lola Anglada e editada por Juventud nos anos 50. Pero que non o ten claro porque nas gardas e nas gradiñas non aparece nomeada.... curioso.
Pois si, efectivamente era unha edición ilustrada por Anglada. Como comentara, a primeira edición desta Alicia mediterránea é de 1927. Lola, activista republicana, despois da Guerra Civil pasa ao ostracismo. A que fora a primeira ilustradora española en enfrontarse a este texto queda esquecida, tan esquecida que nesta edición dos anos 50 nin aparece nos créditos e por iso Elvira non sabía que Anglada era a ilustradora.
Unha inxustiza histórica que hoxe imos emendar.
Cando xa estábamos na "nova normalidade" quedei na aula de Debuxo con Elvira. Trouxo esta edición marabillosa, porque as ilustracións valen ouro, de verdade. Eu nunca vira unha edición enteira de Anglada e quero apreciala con calma. Agardo poder novamente quedar con Elvira con máis tempo para poder gozar destas imaxes.
Elvira é coleccionista de edicións de Alicia, incluso ten varios orixinais de
Enjamio, ilustrador cubano afincado en Galicia, dun proxecto que quedou nun caixón. Este pode ser o inicio dunha serie de entradas dedicadas a este texto clásico e que foi tan amplamente ilustrado desde a súa publicación. Contarei coa axuda de Elvira, xa que posúe verdadeiras xoias ilustradas que dará a coñecer. Por agora gocemos desta, reivindicando novamente a unha ilustradora xenial, Lola Anglada.
Grazas Elvira pola túa achega.
Federico, moitas grazas por mencioname no teu blog, síntome halagada! Encantoume coñecerte e compartir contigo a túa paisón pola ilustración como profesional e mestre e a miña como "consumidora" dela. Disfrutei visitarte nesa aula tan bonita da Escola, e ver como axudabas a unha das túas alumnas. Nótase de verdade que che gusta o teu traballo como profesor. Os teus post, son moi interesantes, e o que fixeches sobre Anglada, gustoume especialmente pola relación do mundo de Carrol e Alicia, personaxe que marcou a miña infancia. Estou encantada en poder axudarte e colaborar coa miña pequena colección de libros de Carrol. Un honor!☺️
ResponderEliminarGrazas Elvira, seguiremos en contacto compartindo o mundo de Carrol. Temos outro encontro pendente.
EliminarUnha aperta
Que preciosidade. Gracias por compartido con tod@s.
ResponderEliminar