Muller de principios do século XX, con encaixe de Chantilly |
É moi importante coñecer o encaixe de palillos manual, que é o que tratamos na nosa aula, pero a propia evolución do encaixe é un tema moi interesante que trataremos no blog, xa que unha das industrias téxtiles (non só encaixeira) atópase no noso país, e obviamente a industria encaixeira tanto manual como mecánica e hoxe en día dixital tamén a podemos atopar no noso país, do mesmo xeito que Francia e Inglaterra, tendo en conta que este último foi o país onde a revolución industrial tivo máis relevancia, e desa forma pódese apreciar nas imaxes que veremos, xa que, a maioría das películas documentais que temos están na súa maioría en inglés.
Hoxe en día, a revolución dixital provén dos países orientais e isto tamén afecta á industria encaixeira que desenvolve encaixes "mecánicos" de moi pouca calidade (polo momento) pero que desenvolven unha velocidade ultrasonica partindo da tea xa tecida e troquelandola para convertelo nun encaixe. O que quero mostrarvos neste post non é a calidade dos encaixes, senón a maquinaria que os fabrica, para que comprendades que os movementos son bastante parecidos aos manuais e en certa maneira os deseños tamén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!