
O cocobolo (Dalbergia retusa) é unha árbore orixinaria da costa occidental de Centroamérica.
A súa madeira, o mesmo que outras madeiras do xénero Dalbergia, é moi apreciada e demandada pola súa inigualable beleza e as súas excelentes propiedades mecánicas e tecnolóxicas.
A madeira de cerne ten unha cor que vai do roxizo ó alaranxado con grosas bandas irregulares que a dotan dunha beleza moi particular. O sámago é de cor branco amarelento, diferenciándose claramente do cerne e mostrando un contraste moi marcado. As fibras adoitan ser rectas e o gran medio.
A madeira de cocobolo ten unha densidade de 990-1250 kg/m3. Está clasificada dentro da categoría de madeira moi dura, ademais é unha madeira que contén e exuda aceites, característica que comparte con outras especies do mesmo xénero.

O proceso de secado é lento, con algúns riscos de que se produzan deformacións ou aparezan
A madeira de cocobolo ten unha durabilidade natural moi alta, polo que está clasificada como unha madeira moi durable. A súa resistencia ós axentes degradadores tamén é admirable, posicionándose como madeira resistente ante o ataque dos xilófagos mariños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!