xoves, 4 de xuño de 2020

Sobre pitos antigos [CAIM GAITA]

O pito galego, tal e como o coñecemos, estivo a pique de desaparecer, Basilio Carril en Santiago, e Paulino Pérez en Lugo, eran os únicos artesáns que continuaban construíndo este instrumento aló polos anos 60. Afortunadamente Antón Corral tomou o relevo na súa construción e mellora e fixo,k grazas a moitos anos de docencia  (os ultimos 20 nesta escola), que hoxe algúns dos artesáns de gaitas tamén constrúan este fermoso instrumento.

Déixovos a continuación unha ligazón ó método de aprendizaxe do pito, elaborado por Moisés Quintas, onde ademais de aprender o manexo do pito, mostranos un percorrido polos pitos antigos atopados, coas características de cada un.


Tamén deixo aquí un pequeno vídeo que achega algo de información sobre a frauta na Galicia do Renacemento




Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!