venres, 26 de xuño de 2020

A relación da talla en madeira e a xilografía como linguaxes expresivas (parte 4) [TALLA E ESCULTURA]

A xilografía e o libro


Primeiras letras capitulares de taco xilográfico

A xilografía comeza a súa relación co libro como método de impresión na reprodución de exemplares manuscritos. A partir do século  XII xa temos referencias do que serían  os primeiros ensaios para axilizar un proceso que ata ese momento era realizado de maneira totalmente individualizada polos monxes nos mosteiros. As primeiras matrices talladas eran as das letras capitais que introducían o texto nos manuscritos. Máis tarde tamén subsutituiría o traballo de copistas e ilustradores. 

Taco xilográfico
A xilografía foi para a edición de libros un novo descubrimento que popularizou o coñecemento do saber que residía en custodia da igrexa e algúns reis, os cales podían facerse con estes exemplares únicos. Facilitouse a reprodución de libros, acurtando os tempos de elaboración substituíndo o traballo do debuxante, xeralmente monxes que se dedicaban a copiar manuscritos nos mosteiros, pola elaboración dun taco de maneira que se tallaba unha soa vez e permitía a reprodución do traballo en múltiples exemplares. Isto permitiu que o coñecemento experimentase unha revolución, saíndo dos mosteiros chegando á burguesía e máis tarde aos estudantes.

Nun primeiro momento os tacos xilográficos utilizábanse para decorar as fantásticas letras capitulares, e algunha ilustración do texto, pero rapidamente talláronse textos enteiros. Algúns exemplos destes primeiros traballos son os chamados Donati ou Donatos, tratados de Aelius Donatus, un gramático do s. IV. Estes libros coñecidos como Tabularios, son os primeiros libros en Europa tallados totalmente o texto e a imaxe no taco de madeira.

 Canticum  canticorum. Alemaña, ao redor de 1469/70 

É no s. XV cando aparecen os primeiros libros xilográficos de tipos móbiles, tamén chamados libros bloque. Os libros de bloque ("Xylogr". Xylographa) son gravados do século XV que se produciron utilizando o proceso de Tallado en madeira. Estes son libros ilustrados de tamaño relativamente pequeno, que representan unha forma de transición entre o manuscrito iluminado e o libro impreso ilustrado. Os libros de bloque atópanse entre os artigos de colección máis raros e valiosos das bibliotecas. Debido ao seu problemático estado de conservación, os libros de bloques só poden poñerse ao dispor dos investigadores para a súa inspección en casos excepcionais.

Tipos móbiles tallados en madeira

Algúns dos libros máis famosos realizados por este modo de reprodución son: A Biblia Pauprerum (1410-1420), o Ars Moriendi, o Ars Memorandi e o Speculum Humanae Salvations, todos de principios do século XV e de carácter relixioso.

A Apocalipse

Biblia Pamperum (a biblia dos pobres), o primeiro libro de edición popular pola
gran cantidade de ilustracións que contiña


A invención dos tipos soltos supuxo toda unha revolución na edición de libros que fixo da  xilografía unha arte. No século XV un ourive alemán chamado Johann  Gutenberg, utilizou tipos móbiles tallados en madeira para os seus primeiros impresos. Gutenberg foi o creador da imprenta tal e como a coñecemos. Desenvolveuse en Maguncia, Alemaña, por desenvolver os intereses burocráticos da igrexa para chegar a través do pensamento escrito ás clases sociais máis baixas e populares. Pero pronto se estendeu a Italia. Venecia converteríase na capital do libro a final s.  XV.







Gutenberg evolucionou os tacos xilográficos adaptándoos para unha maior reprodución, xa que a madeira sufría un gran desgaste ao realizarse grandes tiradas de exemplares. Esta evolución baseouse no traspaso dos tipos móbiles de madeira utilizados ata ese momento, a tipos metálicos de chumbo, o que proporcionou unha maior durabilidade á tirada de exemplares e abaratando custos nos tempos de produción, o que revolucionou a produción do libro. Así  Gutenberg imprimirá no ano 1456, a famosa Biblia de 42 liñas en dous volumes, escrita en letra gótica, considerada o primeiro libro impreso. Esta revolución fará que comecen a xurdir as primeiras bibliotecas particulares e fará que xurda a necesidade de personalizar esas bibliotecas coa marca do propietario, así aparecen os primeiros Ex Libris ou marcas xilográficas, que a partir da segunda metade do século XV serán encomendadas a mestres alemáns como  BurgKmair,  Holbein ou  Durero, pequenas obras de arte das cales falareivos  nunha próxima entrada.


Parte 1
Parte 2
Parte 3

3 comentarios:

  1. Totalmente apasionada con esta hilo no sólo artesanal sino también histórico.¡Gracias Rosa!

    ResponderEliminar
  2. A tí por seguirlo. Genial que te guste!!!

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!