venres, 5 de xuño de 2020

Resultados do Exercicio - O ritmo e a acumulación [OURIVARÍA]

Neste artigo vou amosarvos os primeiros resultados do exercicio de ritmo e acumulación, 
a proposta inicial tédela AQUÍ.
O exercicio consistía, a trazos xerais, en construír unha peza volumétrica feita con papel, 
composta de múltiples elementos acumulados cos que formar unha composición
harmoniosa e rítmica. 

Emilia Garabatos - papel

Pois xa temos dous vos exemplos resultado desta aplicación.
A primeira peza é a de Emilia Garabatos.

Esta bela composición de volume, formas e cor, amosa equilibrio e movemento, 
a lixeireza achégana os elementos finos encaracolados
que parten do centro da estrutura, e que a compensan.



A peza está construída con fino papel de revista de decoración, escollendo con gusto e harmonía as cores e as texturas gráficas. 




Un gran traballo que servirá perfectamente para crear unha fermosa xoia, 
como un broche ou un adobío de cabelo.
Precioso e parabéns Emilia!!!

A outra obra que vou salientar é o broche que realizou Marta Montenegro, 
e que xa deu o paso do papel ao metal 
inspirándose tamén nesta proposta. 

Marta Montenegro - Broche de latón

O broche de Marta emprega a acumulación dun mesmo elemento, "as mans";
con elas xera o volume da peza e tamén marca o ritmo e o movemento, 
é como se as máns se fosen abrir ou pechar para atrapar o elemento central.
A súa idea tamén ten unha parte conceptual que naceu da lectura do ensaio de Virginia Woolf  
"Unha habitación propia"




A peza en si está moi ben resolta e rematada, a composición está equilibrada, 
o movemento das mans dirixe a vista cara ao elemento que atrapa, 
o peche está perfectamente colocado, pois o broche non cabecea, 
e ademais coa torsión da agulla reforza o agarre e endurécea. 
Un traballo moi ben feito Marta,
parabéns tamén ;D !!! 

Coa análise destas dúas pezas exemplificamos as posibilidades
estilísticas e formais que nos dá o agrupamento de elementos repetidos, 
algo moi simple que nos axuda a expresarnos. 

Espero que vos guste e vos inspire !!
Grazas pola visita ;D



Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!