martes, 9 de xuño de 2020

Recomendacións Para o Uso Responsable das Bibliotecas na Fase 3 da Desescalada [BIBLIOTECA]



A Dirección General del Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria, elaborou as seguintes recomendacións co obxectivo de facilitar os servizos bibliotecarios ao público. Onde se recollen as principais medidas de flexibilización e servizos autorizados nas bibliotecas situadas en territorios que pasan á Fase 3 de desescalada.

Recomendacións para un uso responsable das bibliotecas en Fase 3
  1. Se ten síntomas ou está diagnosticado con COVID-19 non vaia á biblioteca. 
  2. O aforo reduciuse ao 50% para asegurar a distancia de seguridade.
  3. Manteña sempre unha distancia de seguridade de 2 metros co resto das persoas que se atopan na biblioteca. 
  4. Recoméndase que acuda só á biblioteca. 
  5. Menores de 14 anos sempre acompañados por unha persoa adulta responsable. 
  6. A biblioteca cumpre coas condicións de limpeza e desinfección adecuadas. 
  7. Faga uso do xel hidroalcohólico á súa disposición. É recomendable a hixiene de mans ao entrar na biblioteca. 
  8. Circule unicamente polas zonas permitidas para os usuarios. 
  9. Siga en todo momento as instrucións do persoal. 
  10. Utilice preferentemente as escaleiras. O ascensor só pode ser usado por unha persoa á vez. 

Servizos dispoñibles nas bibliotecas en Fase 3 

1. Información bibliográfica.
2. Préstamo e devolución:
  • Consulte na web o catálogo da biblioteca. 
  • Recoméndase a petición ou reserva anticipada das obras. 
  • O persoal da biblioteca é o encargado de recoller e entregar os materiais prestados. 
  • As obras que leva en préstamo non están infectadas. Mantivéronse en corentena durante 14 días. 
3. Consulta en Sala:
  • Con 50% do aforo. 
  • O posto de lectura se desinfectará despois de cada usuario. 
  • Poderá permitirse o estudo en sala, se se dan as condicións necesarias. 
4. Ordenadores da biblioteca: 
  • Limparanse despois de cada uso.
5. Actividades culturais. 

Na Fase 3 as coleccións en libre acceso están pechadas ao público: 
  • Pode solicitar as obras ao persoal da biblioteca

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!