Que pasaría se xuntamos o estarcido ou a utilización de padróns ou modelos como precursor da serigrafía e as imaxes de gravado botánico
que estivemos a ver neste blog? E se ademais engadimos tridimensionalidade? Hoxe centrarémonos na obra de Zadok Ben-David e nas súas instalacións baseadas en ilustracións botánicas históricas.
As series Blackfield (2006-2019) e Blackflowers (2008-2012) están realizadas en metal, cortadas e pintadas á man. Nelas emprega imaxes históricas da ilustración botánica utilizando diferentes escalas para facer xogos de sombras propoñendo unha ligazón co pasado e poñendo en valor a importancia do traballo que supuxo e o espírito das exploracións científicas.
Blackfield 2018. Sobre 4.000 flores no Musée de la chasse et le nature, París.
Detalle da instalación Blackfield no Musée de la chasse et de la nature
Detalle da instalación Blackfield no Musée de la chasse et de la nature
12.500 flores na Shoshana Wayne Gallery
Blackfield 2018 na Wilson Art Gallery, Australia
Detalle da instalación
Zadok Ben-David (nado en 1949) é un artista israelí que traballa en Londres. Naceu en Beihan, Iemen ; a súa familia emigrou a Israel cando era pequeno. Estudou na Academia de Arte e Deseño de Bezalel de 1971 a 1973. Continuou os seus estudos na Universidade de Reading e na Escola de Arte de San Martíns, onde estudou escultura e logo ensinou, de 1977 a 1982.
En 1988, Ben-David representou a Israel na Bienal de Venecia. Recibiu moitos premios, incluído o Gran Bienal Prémio na XIV Bienal Internacional de Arte de Vila Nova
de Cerveira en Portugal en 2007, e o premio do Museo de Tel Aviv para a
escultura 2005. En 2008, encargóuselle facer un Escultura para os
Xogos Olímpicos de Beijing.
Desde 1980, Ben-David tivo máis de corenta exposicións individuais.
As súas obras atópanse en coleccións de institucións públicas e privadas
en Europa, Asia Oriental, Estados Unidos, Israel e Australia.
da serie Blackflower, medidas entre 6 e 12 cm
Flowerbox 2018:
Vídeos relacionados:
Curiosidades e contidos de ampliación:
Son súas estas dúas esculturas que temos aquí ao lado en Vila Nova de Cerveira, Portugal, seguro que vos soan:
Cervo, 2004, Hand-cut corten steel, H680cm x L400cm x W134cm. Location: Vila Nova de Cerveira, Portugal
Ola acosteleta! tes aquí ao preto, en Vila Nova de Cerveira dous traballos del e no seu facebook vai actualizando e colgando vídeos e entrevistas, hai algún vídeo dos procesos de realización e montaxe de instalacións:https://business.facebook.com/zadokbendavid/ Un saudiño!
Impresionante, Encantaríame ir ver a súa obra. E cortado a man todas as pezas! Precioso.
ResponderEliminarOla acosteleta! tes aquí ao preto, en Vila Nova de Cerveira dous traballos del e no seu facebook vai actualizando e colgando vídeos e entrevistas, hai algún vídeo dos procesos de realización e montaxe de instalacións:https://business.facebook.com/zadokbendavid/
ResponderEliminarUn saudiño!