Fol de cabrito |
Orixinariamente os foles facíanse con peles animais (cabrito), o que implica un proceso de elaboración máis complicado, xa que requirían un bo curtido que garantise a súa calidade, e aproveitábanse as aberturas naturais do animal (patas, pescozo) para a fixación das respectivas pezas da gaita; así mesmo facíase necesario un mantemento para que conservase as súas calidades o maior tempo posible. Aínda hoxe, de xeito residual, hai quen os emprega.
Fol de caucho inxectado |
axudar ó gaiteiro, tivo unha influencia ben negativa no instrumento, xa que so tiña unha virtude e moitos defectos, a virtude non era outra que retiña o ar dentro do fol; en canto ós defectos, por citar algúns, o tempero era un calvario, debido á súa extrema flexibilidade (sobre todo nos de caucho inxectado) que facían que manter unha presión de ar
Fol de tenreira sin charol |
Afortunadamente acabouse por desterrar este tipo de fol, substituíndoo novamente por materiais animais, neste caso pel de tenreira de curtido industrial, á que se lle adhería na parte exterior do fol unha fina película de charol, para evitar que escapase o ar polos poros da pel. Este tipo de fol empregouse durante bastantes anos, aínda qe tamén tiña algún problema de retención de humidade, máis tarde empregáronse estes mesmos foles pero sen a película de charol, o que facía necesario
impregnalos pola parte interior cun líquido con varios compoñentes, entre os que estaba a lanolina e a aspirina. Estes foles funcionaban moi ben, mais houbo algún caso de problemas respiratorios que se atribuíron a este líquido impermeabilizante.
Fol de goretex, da marca Canmore |
Como se ve nas fotos, non só cambiaron os materiais, senón tamén a súa morfoloxía, facéndoos máis adaptables ó gaiteiro e máis ergonomicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!