Hoxe traemos un traballo do profesor de frauta de pico do Conservatorio Superior de Sevilla, Vicente Parrilla, onde nos ilustra sobre o proceso de consecución do son na frauta de pico (lease Pito), cunha introducción á física do son deste instrumento, explicando a formación e diferenciación de ondas lonxitudinais e transversais, e diseccionando e explicando cada unha das partes do "voicing" (conxunto de parámetros que atopamos na boquilla da frauta).
No seguinte enlace podedes acceder a toda esta información, que será imprescidible para entender o funcionamento do instrumento, e en consecuencia poder construílo conseguindo a maior calidade sonora posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!