xoves, 25 de xuño de 2020

Proxecto Fernando [DEBUXO]

Fernando é un alumno do grupo Avanzado que estivo a realizar o seu proxecto nun contexto moi especial  coincidindo coa pandemia do covid. Fernando é sanitario e traballa nunha residencia de anciáns pública.
O seu proxecto titulouse, xa polo mes de xuño do ano pasado, "Olvido". Consistía na realización dunha chea de debuxos sinxelos e rápidos que retratasen a estes anciáns. Debuxos de libreta ou pequenos anacos de papel a liña executados en rotring, rotulador ou boli bic. Era importante que estes debuxos fosen case realizados ás agachadas, xa que lle coincidía coas horas de traballo polo que non se podía permitir un tempo longo de execución... poucos minutos, incluso segundos, non moito máis. Antes de que comezase a pandemia, os anciáns aparecían sentados, posando, incluso sorrintes. Eran anciáns cunha demencia leve. Fernando apuntaba os comentarios que os retratados lle facían cando vían o debuxo, empatizando a través dos trazos. Era un xeito de manter unha relación que lles produciría un sorriso, establecendo unha comunicación de certa intimidade.


Anciáns posando para Fernando 



Pero chegou a pandemia e a situación destes anciáns mudou. O confinamiento, debido á súa vulnerabilidade, para eles foi moito peor. Os anciáns con demencia leve quedaron máis illados e a Fernando cambiárono de planta.





O seu traballo é un documento gráfico cheo de verdade e de forza, un documento case xornalístico. A temática e o contexto é moi doloroso... e retrata unha situación dura pero real.

A Fernando cambiárono para unha planta onde se atopan os anciáns cunha demencia severa, encamados e pouco conscientes, algúns con coidados paliativos. Son imaxes que a ninguén lle gusta ver, pero Fernando atopouse nesa circunstancia e o que nun principio ía ser unha ferramenta de traballo e de comunicación cos seus pacientes, converteuse nun rexistro dun observador que documenta o que ve... para non esquecer, para mostrar unha realidade vivida.







Fernando non rematou o proxecto. Deixou de debuxar estas escenas. O obxectivo do proxecto non era este,  máis ben o contrario. Quería dignificar a estancia dos anciáns, comunicarse con eles a través do debuxo, darlles un protagonismo consciente e facelos partícipes, do mesmo xeito que fai a artista cordobesa Virginia Bersabé no seu traballo pictórico e debuxístico.

OBRA DE BERSABÉ






Fernando agarda poder retomar o proxecto noutras circunstancias mellores. Agarda poder estar nunha planta onde poida compartir os seus debuxos, onde os anciáns lle poidan dicir o que pensan, falar das experiencias da vida mentres os debuxa e sacarlles logo un sorriso. Poder compartir esa experiencia con eles. Esta foi unha circustancia penosa que Fernando tivo o valor de  documentar.
Seguiremos o próximo ano.

7 comentarios:

  1. Fernando, tés un moi bo traballo.
    Eres un contador de emocions desde un contexto totalmente existencialista e crítico. Alguen ten que facelo e contarllo ao mundo. Dicirche que o debuxo de retratos do natural e moi difícil, e se non se dispon de tempo, aínda mais.
    Xa verás como para o ano podes desfrutar dos debuxo e das parrafadas cos maiores. Os meus mellores desexos.

    ResponderEliminar
  2. Un documento impresionante. O debuxo de Fernando vai moito máis alá dunha fotografía e establece toda a importancia do ollo e da man para reflexar situacións e sentementos. Con eses trazos tan sinxelos e rápidos, logra que a imaxe estea chea de matices, de dór e de empatía. Neles recoñecemos eses rostros que poderían ser os dos nosos pais, dos nosos abós.
    Permitídeme: as Residencias non son unha alternativa: hai que buscar como non arredar aos nosos vellos do seu contorno habitual, como crear traballo para atención integral nos domicilios, nas comunidades de veciños, no barrio...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, resulta un documento conmovedor realizado con moita valentía.

      Eliminar
  3. Es conmovedor , triste y valiente

    ResponderEliminar
  4. Impresionante o que transmite o traballo de Fernando,quedei sen palabras.

    ResponderEliminar
  5. Me encanta y me conmueve muchísimo tu trabajo, Fernando.
    Mis más sinceras felicitaciones.

    ResponderEliminar
  6. Bravo Fernando yo se lo que es estar en tu pellejo y admiro mucho tu trabajo y tu valor. Me han gustado mucho los dibujos aunque reflejen lo más triste de nuestra sociedad y toda la soledad q rodea a tanta gente. Gracias Fernando. Un besito Duli

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!