xoves, 4 de xuño de 2020

Novos Títulos para a Sección de Novela Gráfica e Álbums Ilustrados. 3 [BIBLIOTECA]


Outra entrega das últimas novidades da nosa sección de novela gráfica, cómics e álbums ilustrados. Espero que vos gusten.

Come prima / Alfred ; asesor del color, Maxime Derouen ; traducción, Regina López Muñoz (Las cuatro de Syldavia).-- Barcelona : Salamandra Graphic, 2018


A finais dos anos 50, os irmáns Fabio e Giovanni póñense ao volante dun Fiat 500 para iniciar unha viaxe de fondo significado. Giovanni convenceu a Fabio de honrar a memoria do seu pai, e para iso diríxense a Italia, a súa terra natal, que deixaron hai moitos anos. As personalidades totalmente opostas dos irmáns e a intimidade forzada do pequeno automóbil xerarán conflitos, silencios, recordos e reencontros. Así, aos poucos, aflorará o retrato do pai ausente, e con el, a certeza de que as feridas familiares adoitan transcender o paso do tempo.
Fauve d’Or (Premio á Mellor Obra) no Festival de Angoulême 2014


¡Universo!. 1. ¡El pasado es ahora! / Albert Monteys.-- Bilbao : Astiberri, 2019



Un dos empregados dunha empresa que acaba de poñer en marcha unha máquina para viaxar no tempo é enviado millóns de anos atrás, antes da creación de mundo, cunha misión márketing de alto calibre: ten que selar cada unha das partículas de materia que se xeren co logotipo da empresa, co fin de patentar o universo e que á súa volta a empresa sexa dona do mundo. Esta é a premisa dunha das historias que compoñen Universo!, que apareceu primeiro online na plataforma dixital Panel Syndicate e que foi nomeado aos prestixiosos premios Eisner do cómic 2017, na categoría de mellor cómic dixital.


Buñuel en el laberinto de las tortugas / Fermín Solís.-- Barcelona : Reservoir Books, 2019

 
En 1932 Luis Buñuel rodou en Extremadura o seu terceiro traballo como director, As Hurdes, terra sen pan, unha das películas malditas da súa filmografía e documental pioneiro no noso país, que supuxo a súa ruptura co movemento surrealista e o seu distanciamento do cinema durante máis de dez anos. Non é unha obra biográfica xa que apenas se sabe nada da rodaxe da película, algo que é unha vantaxe xa que lle permite a Solís construír a súa propia historia sen estar atado pola realidade. Unha realidade que provocou algo tan surrealista como que ao seu amigo Ramón Acín tocaralle a lotería, e cumprise a súa promesa de producirlle a película.
Fermín Solís retrata, nesta magnífica novela gráfica, un momento decisivo na vida de Buñuel e quizá de todo gran creador: o dilema entre cultivar a arte pola arte ou servirse dela como un medio para transformar a sociedade. Nova edición a toda cor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!