venres, 12 de xuño de 2020

5 Ideas para aprender [COIRO]

Para esta fin de semana que se presenta chuviosa imos facer cinco propostas para que vexades en Youtube. Son cinco pequenos vídeos que vos servirán para sacarlle máis proveito ó Coiro.
O primeiro deles é un video do noso amigo norteamericano Jim Linnell que nos amosa como podemos facer planos, modelos ou padróns cos que reproducir varias veces o mesmo debuxo dun xeito moi sinxelo. Para os máis curiosos, a ver ¿quen ve no vídeo un souvenir que lle regalamos a Jim cando nos visitou na EMAO?





A nosa segunda suxestión é do suízo Serge Volken no que nos amosa como podemos rebaixar o Coiro empregando diferentes ferramentas para o Coiro e algunha outra que vos sorprenderá...




O terceiro é tamén un vídeo moi curto de Volken no que nos ensina dun modo moi sinxelo como cortar círculos en coiro sen necesidade de ferramenta, máis que un punzón e unha coitela.



O cuarto vídeo é do norteamericano afincado en Grecia Michael Dale, que nos dá uns pequenos trucos para  traballar as costuras con tireta.



Por último suxerimos un vídeo de Corter Leather onde nos demostran que para traballar o Coiro non fan falla ferramentas, xa que coas cousas da casa podemos traballar en "modo supervivencia".





Boa Fin de Semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!