Nado en Tokoname en 1938, un dos centros cerámicos máis antigos de Xapón, Koie Ryoji estudou a cerámica local ata 1966, cando comezou a traballar de forma independente. A colaboración con outros artistas como músicos, artistas de Ikebana ou da madeira, foi importante na súa evolución. E un dos artistas contemporáneos máis versátiles e progresistas de Xapón, aínda que Koie é mellor coñecido como ceramista, o seu amor pola experimentación levouno á creación de "Happenings cerámicos", con temas que son críticas sociais e políticas dos horrores do século XX. Sen dúbida é un dos artistas cerámicos vivos máis influentes.
As actividades de Koie no estranxeiro comezaron nun taller en España en 1986, Stiu Japó en Olot, Girona, que foi segundo algúns un antes e un despois na evolución da cerámica contemporánea no noso país. Logo continuou mostrando o seu traballo e realizando workshops por todo o mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!