Hai xa uns anos apareceron algúns artiluxios deseñados para facilitar a actividade gaiteiril. Un deles é a válvula de regulación de ar acoplable a ronco, ronqueta ou chillón.
Trátase dunha pequena válvula, que introducida na buxa correspondente permítenos regular a cantidade de ar que recibe o pallón, isto serve para varias cousas; por un lado podemos conseguir que o ronco e o punteiro comezen a soar ó mesmo tempo, evitando o son do ronco antes de comezar realmente a tocar, tamén axuda á estabilidade do son do ronco, sobre todo cando temos que facer algo máis de presión no fol para acceder ó requinteo. Pódese empregar tanto con pallóns de cana coma sintéticos, e o seu custe non é elevado.
Un dos primeiros artesáns en deseñar está válvula foi Afonso Castro, do Rosal, e un dos primeiros alumnos da nosa escola que montou o seu propio obradoiro, aló polos anos 80, e continúa no oficio. Na actualidade saíron outros modelos deseñados por outros artesáns, cada un coa súa personalidade, unhas son máis doadas de axustar que outras, pero todas cumpren a función para a que foron pensadas.
Válvula de Afonso Castro.
Frontal
Válvula de Afonso Castro.
Lateral
Válvula de Afonso Castro.
Varilla de regulación
Colocación na buxa do ronco
A continuación déíxovos un vídeo onde o propio Afonso explica o seu funcionamento
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!