xoves, 25 de xuño de 2020

Comeza a XLVI Feira do Libro de Vigo [BIBLIOTECA]


Hoxe comeza a XLVI Feira do Libro de Vigo que estará ubicada na Rúa Principe ata o 4 de xullo. Este evento acollerá máis de 55 firmas de autores desde este xoves, 25 de xuño, e ata o sábado 4 de xullo, nunha feira que contará coa presenza de 6 librerías e co pregón inaugural de María Xosé Queizán ás 13:00 horas.

Os escritores, as editoriais e os lectores volverán ter o seu espazo de encontro aínda que cinxínndose á nova normalidade. Será con máscara obrigatoria, non se poderán realizar actividades con público, nin actuacións musicais, nin obradoiros para os máis pequenos nin grandes presentacións. Si se mantén algo tan tradicional como o pregón e tamén os descontos do 10% para todos aqueles que compren libros durante a súa celebración. Ademais manteranse as tradicionais firmas e dedicacións dos autores. Outra novidade nesta feira da nova normalidade é que se utilizarán as novas tecnoloxías para poder realizar encontros virtuais.
A feira conta esta ano con oito casetas, unha cifra importante dadas as especiais circunstancias que concorren nesta edición. Permanecerán abertas entre as 11:00 e as 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
Entre os autores confirmados estarán Pedro Feijoo, Manuel Rivas, Manuel Bragado e María Xosé Porteiro. As librerías participantes son Librouro, Cortizas, Nobel Gran Vía, Pedreira, Hobbit e A Gata Tola. Estará a Biblioteca Neira Vilas e do Centro de Documentación Feminista de Vigo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!