Xa que comeza o bo tempo e no verán sempre temos moi presente o mar, a praia, e os estados mariños, preséntovos a Veronique Porot, unha artista téxtil e oceanógrafa que relaciona o seu traballo (fundamentalmente) co mundo mariño e sobre todo os animais que nel habitan, as medusas, os peixiños entre outros. É importante falar do seu traballo en 3D e das súas instalacións mariñas que te transportan á paz do tecido, a poesía que te leva a outros universos e formas de comprender o encaixe contemporáneo de palillos.
 |
Veronique Porot. Paisaxe Mariño. |
Dende a sua infancia desenvvolveuse nun ambiente creativo vinculado aos téxtiles. Familiarizándose con diversos materiais e técnicas: costura, remendos, mallas, bordados, crochet... Na casa familiar, o encaixe transmitido de xeración en xeración xerou gusto e admiración por este coñecemento ligado a rexións moi específicas.
 |
Veronique Porot. Encaixe de palillos. |
 |
As sombras do encaixe de palillos crean una sensación moi poética e ancestral. |
 |
Medusa por Veronique Porot. |
En 2006 descubríu o encaixe de palillos durante unha exposición no taller de creación téxtil da Academia das Artes en Woluwe Saint Pierre (Bélxica), onde aprendeu esta arte.
Dende entón, expón, mellórando e facendo prácticas en Bélxica e Francia, traballando con outros artistas e participando en concursos.
Inscríbese nunha corrente de renovación de arte de encaixe, afastándose dos modelos tradicionais para propoñer creacións persoais en volume e cos gráficos máis contemporáneos.
 |
Instalación por Veronique Porot coa técnica do encaixe de palillos. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!