xoves, 11 de xuño de 2020

XV Premio Castelao de Banda Deseñada [BIBLIOTECA]

Tendo en conta a significación do colectivo que traballa na creación en banda deseñada en Galicia, que é considerado o máis importante do panorama estatal, a Deputación da Coruña convoca o Premio "Castelao" de banda deseñada.
Poderán presentarse indistintamente:
  • PROXECTOS, que consistirán en un dossier con un mínimo de 16 páxinas rematadas, tamaño A4, formato PDF, e unha sinopse detallada do contido da obra completa, con unha extensión máxima de tres páxinas.
  • OBRAS COMPLETAS, tanto en guión coma en debuxo, en cuxo caso deberán ser orixinais, inéditas e non publicadas, na súa totalidade ou parcialmente.
É importante lembrar que establécense dous premios, dotados con 6.500 € cada un deles, para cada unha das seguintes categorías:
  • MODALIDADE XERAL: obras dirixidas a todo tipo de lectores.
  • MODALIDADE LIX: obras dirixidas ao público infantil e xuvenil.
Aclaración respecto das Bases do Premio "Castelao" de banda deseñada
En relación coa base 3ª aclarar que o formato TIFF é o de entrega da obra para a impresión do libro, de resultaren premiada. Para a presentación do proxecto ou obra completa farase en soporte dixital, formato PDF.
 
O prazo de presentación remata o día 10 de xullo de 2020.
 

Páxina web: https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/castelao
Publicación Convocatoria: BOP 22/05/2020 
Publicación Extracto: BOP 05/06/2020

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!