Ruudt Peters
é un dos artistas máis transgresores da xoiaría contemporánea.
Este artista conceptual holandés comezou a súa carreira nos anos 70,
no 2017 o Museo CODA en Apeldoorn (Países Baixos) celebrou unha retrospectiva que conmemoraba os 44 anos de traballo desta figura que segue en activo.
Este artista conceptual holandés comezou a súa carreira nos anos 70,
no 2017 o Museo CODA en Apeldoorn (Países Baixos) celebrou unha retrospectiva que conmemoraba os 44 anos de traballo desta figura que segue en activo.
As súas obras son exemplo da continua investigación sobre materiais, sobre a relacións das pezas co corpo humano, da investigación en culturas, relixión, das relacións da xoiaría e a escultura, etc.
En definitiva, un amplo abano de posibilidades e recursos que amosan unhas obras moi variadas, con infinidade de materiais e técnicas distintas, pero sempre sorprendente, irónico e orixinal.
Exposición Bron |
Tamén hai outra curiosidade na obra de Peters, e é o dialogo co espectador,
niso semella un artista plástico máis que un xoieiro.
O modo de presentar as pezas está absolutamente medido e pensado,
nas exposición prepáranse expositores especiais,
para que todo achegue sentido á peza e ao espectador.
Exposición Corpus |
"Con la escenografía de mis exposiciones, me gusta ofrecer al público un vistazo de los muchos pensamientos que he tenido sobre el trabajo sin hablar con el espectador. Creo una atmósfera de un lugar sagrado y respetuoso para las piezas e intento involucrar al espectador en eso. La presentación siempre está relacionada con el cuerpo, de una forma u otra. El espectador está hecho para ser parte de la presentación. A veces deben arrodillarse para verlo, o subir una escalera, o de alguna manera involucrarse físicamente. Hay una interacción entre el objeto y la audiencia."
Ruudt Peters.
Nos anos 70 realizaba xoias con aluminio e caucho como a colección Al-Ru,
foi a época de probar con novos materiais e tamén das influencias do minimal.
Nos anos 70 realizaba xoias con aluminio e caucho como a colección Al-Ru,
foi a época de probar con novos materiais e tamén das influencias do minimal.
Brazalete Al-Ru |
Pulseira Al-ru |
"Pink brooch" 1979 - plexiglass e aluminio |
Nos anos 80 a súa obra volveuse máis escultórica, nos primeiros anos mantendo unha liña minimalista, pero cara ao final da década cun discurso mitolóxico, quizais froito das súas viaxes ou da investigación sobre culturas.
Claysquare 1980 - Aceiro e arxila |
Escultura Nietzsche 1984 - madeira e xeso |
"Gratie 3" Obxecto 1985 - Latón e bóla de plástico |
"Capitel" brazalete 1986 - latón |
Aphrodite obxecto 1987 - aceiro, poliéster e ósos de xibias |
"Certose" broche 1988 |
"Dionysus" objeto 1989 - latón |
A década dos 90 comeza con obras xeométricas centradas na arquitectura, pero a medida que transcorre as súas pezas vólvense máis orgánicas e céntranse nas materias e nos procesos;
exemplo diso son:
exemplo diso son:
"Pantheon"broche - plata |
Colección Passio 1992 - 93
Colgantes feitos con prata oxidada, cadeas, seda e xemas.
Nas Colecións Ouroboros, Lapis e Alvedo que nos levan ao fin da década dos 90,
atopamos xoias moi matéricas.
Ouroboros 1994-96
Kasackstan ring - prata, hematite e pintura |
Wunstorf ring - prata, marcasita e pan de ouro |
Lapis 1997
Colar "Prima materia" - chumbo, estaño, zinc, aceiro, cobre, prata e ouro |
Albedo 1998
Colar "Tabula" - parafina, esterafina, xeso e prata |
Co novo século a súa obra céntrase no corpo humano, traballando con materiais como o poliéster, a porcelana, a prata e o ouro, e xogando con cores vibrantes.
Broche Pneumo 04 - ouro e poliéster |
Iosis 20 Colar - prata, poliéster e seda |
Ionos 21 Colar - prata, poliéster e seda |
Azoth 16 Broche - prata e poliéster |
Azoth 14 Aneis - prata e poliéster |
No 2008 crea a colección Lingan, na que combina os metais con madeira e cristal, a partir de aquí o cristal será un material recorrente, co que se crearán formas orgánicas.
No 2010, un cambio radical e un novo material, o aluminio, Colección Ánima na que crea formas aleatorias abstractas moi inspiradoras, que derivarán noutra colección máis figurativa que é Corpus, feita con poliuretano.
Broches Ánima 2010 - aluminio
Corpus 2011
Broche "Manus" - prata e poliuretano |
Colar "Ossa" aluminio e algodón. |
Terram 2014 - 2016
colgantes realizados con cerámica e coiro
Collar "Erde" - alabastro e prata |
Colgante "Lapansi" - Hematite e prata |
As últimas obras da primeira década deste novo século, seguen na liña da investigación de formas con materiais inusuais na xoiaría combinados cos metais preciosos e xemas, tales como:
Hinge Ring - poliéster |
Broche "Emme" - prata, poliéster e ámbar |
Broche "Aspirazione" - prata, poliéster e cinabrio |
A obra de Ruudt Peters é abundante e variada, de aí que se defina como artista ceibe, rebelde e alquimista.
Non podemos definir un tipo de obra representativa,
senón que a súa característica é a variedade no estilo e nos materiais.
Na súa páxina web podedes encontrar moitas máis obras
E a seguir tedes unha entrevista que se lle fixo para presentar a Exposición Bron
Espero que vos guste esta viaxe pola obra deste grande artista,
e grazas pola visita ;D
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!