A Casa da Sabedoría ou Casa do Saber, foi unha institución fundada en Bagdad no século IX, como
biblioteca, escola de tradutores e foro de pensamento filosófico e
científico. Construída por Harún al- Rashid, o califa intelectual e poeta que inspirou os contos As mil e unha noites, e culminada polo seu fillo Al-Mamún, quen a dotou da capacidade para converterse nunha das bibliotecas máis importantes do seu tempo.
Baixo o auspicio do califa Al- Mamú converteuse nun centro de estudo das humanidades e as ciencias no islam medieval, incluíndo matemáticas, astronomía, medicina, alquimia e química, zooloxía, xeografía e cartografía. Na Casa da Sabedoría traducíronse ao árabe algunhas das obras científicas e filosóficas máis importantes. O erudito cristián Hunayn ibn Ishaq (809–873) foi encargado dos traballos de tradución polo califa. Traduciu 116 obras, incluíndo o Timeo de Platón, a Metafísica de Aristóteles e o Antigo Testamento, ao siríaco e ao árabe. Foron moi divulgadas as súas versións dos tratados médicos de Galeno. Ibn Ishaq
tamén é autor de numerosos libros de tema médico;
nesta faceta destacan os seus Dez tratados sobre oftalmoloxía.
Varios dos mestres musulmáns máis eruditos formaron parte deste importante centro do saber, Sahl ibn Haroun, Al-Juarismi, os hermanos Banou Moussa, Sind ibn Ali e Al-Kindi. A Casa da Sabedoría reuniu unha gran colección do coñecemento mundial e
desenvolveu sobre esas bases os seus propios descubrimentos.
A Cidade redonda de Bagdad entre 767 e 912 d.C. |
A Casa da sabedoría floreceu baixo os sucesores de Mamun, pero declinou durante o reinado da Al- Mutawakkil (847-861), que a diferenza dos seus predecesores que seguían a seita Mu'tazili, era seguidor do Islam ortodoxo e quería evitar a expansión da filosofía grega, unha das principais ferramentas da teoloxía Mu'tazili.
A Casa da Sabedoría, do mesmo xeito que as demais bibliotecas
de Bagdad, foron destruídas polos mongoles durante
o sitio de Bagdad en 1258. Crese que preto de 400.000 manuscritos
foron rescatados polo filósofo, médico e matemático Nasir al-Din al-Tusi antes
do sitio, e levados a Maragheh, Irán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!