Imos ver hoxe un libro pensado e elaborado por Xaime Estévez Vila, con deseños de Xoán Ramón
Marín Martínez e editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, cunha única pretensión, achegar o máis posible a aprendizaxe da gaita ós máis pequenos.
Realmente é unha ferramenta de traballo, tanto para os alumnos como para os mestres, dividido en 12 unidades didácticas vai adentrando pouco a pouco no mundo da gaita ós rapaces, tanto na interpretación en si como nas figuras relevantes neste eido, como Avelino Cachafeiro, Perfecto Feijoo ou Ricardo Portela entre outros. Obradoiros e actividades, linguaxe musical e xogos melódicos e rítmicos son outras seccións deste libro, que conta por suposto cun CD que contén partituras, ilustracións sonoras, videos demostrativos, xogos melódicos, etc.
Xa no final do libro atopamos unha interesante ferramenta de interacción entre alumno e mestre, que consiste en fichas para rexistro de clases, rexistro de asistencia a concertos e rexistro de gravacións.
En definitiva, unha interesante e útil ferramenta tanto para mestres como para alumnos.
Marín Martínez e editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, cunha única pretensión, achegar o máis posible a aprendizaxe da gaita ós máis pequenos.
Realmente é unha ferramenta de traballo, tanto para os alumnos como para os mestres, dividido en 12 unidades didácticas vai adentrando pouco a pouco no mundo da gaita ós rapaces, tanto na interpretación en si como nas figuras relevantes neste eido, como Avelino Cachafeiro, Perfecto Feijoo ou Ricardo Portela entre outros. Obradoiros e actividades, linguaxe musical e xogos melódicos e rítmicos son outras seccións deste libro, que conta por suposto cun CD que contén partituras, ilustracións sonoras, videos demostrativos, xogos melódicos, etc.
Xaime Estévez Vila |
En definitiva, unha interesante e útil ferramenta tanto para mestres como para alumnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!