Como podedes observar a súa técnica é o encaixe de palillos e o seu traballo desenvólveo cun material ríxido como é o cobre. Lieve está considerada unha das mellores encaixeiras da República Checa.
"The carriage of lost love", "A carruaxe do amor perdido" nunha exposición en Chiuaua, México |
Lieve Jerger. foto realizada en 2014 |
Encaixe de palillos con fío de cobre enfiado nos palillos de carballo da súa avoa flamenga. Lieve Jerger está a traballar as trenzas de catro fíos que forman as 8 paredes laterais para as catro rodas da carroza do amor perdido.
A Carroza do Amor está crecendo, pero lonxe de estar rematada. A obra transforma a súa percepción do tempo. Elimina todos os arrepentimentos, preocupacións e ansiedades. Pasado, presente e futuro convértense nun. Non hai nada que prefira estar facendo.
A construción do "the Carriage of lost love" de Lieve comezou en 1977. As fiestras son reflexos dos seus pensamentos interiores, imaxes e lugares que ama. Estas imaxes e a arte de facer encaixe danlle tranquilidade interior. A carroza móvea na dirección dun futuro feliz. A carroza é a esencia do legado artístico de Lieve.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!