Sala de Lectura da Biblioteca García Barbón-EMAO |
A continuación tedes as recomendacións para o uso dos servizos bibliotecarios tras a superación da Fase 3 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade segundo a Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.
- As bibliotecas, tanto de titularidade pública como privada, prestarán os servizos para as actividades de préstamo e devolución de obras, lectura en sala, información bibliográfica e bibliotecaria e préstamo interbibliotecario, así como o resto de actividades ordinarias propias do servizo bibliotecario, sen que na ocupación de salas podan superar o setenta e cinco por cento sobre a súa capacidade ou capacidade máxima permitida Este límite de ocupación será aplicable tamén á realización de actividades culturais nelas.
- Poderase facer uso dos medios tecnolóxicos das bibliotecas destinados para o uso público, así como de catálogos de acceso público en liña, catálogos en fichas da biblioteca ou publicacións electrónicas.
- Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.
- Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que no establecemento se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.
Aqui tedes a lexislación, pautas e protocolos xerados polo Ministerio de Sanidad, o
Ministerio de Cultura y Deporte e a Xunta de Galicia, en relación coas
medidas fronte ao COVID-19, unha vez superada a Fase 3 da desescalada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!