venres, 19 de xuño de 2020

Txalaparta, un instrumento euskaldún ancestral [CAIM GAITA]

Ugarte anaiak. Burgui. 2002
A txalaparta é un elemento propio da cultura vasca, unha tradición musical que ten perdurado no tempo e se mantén hoxe en día. Para aqueles que non a coñezades, a txalaparta é un instrumento musical vasco de percusión que precisa de dúas persoas para facelo soar. Cada un destes músicos (txalapartaris) golpea con dous paus verticalmente sobre un soporte composto por varias táboas de madeira,
mantendo un ritmo moi característico que recorda ó trote dos cabalos. Os txalapartaris poden estar colocados un xunto ó outro ou en lados opostos.
A orixe deste instrumento está pragada de lendas e hipóteses. Déixovos aqui dúas das máis coñecidas:
"Un son, o da txalaparta, engaiolante e que ademais está moi relacionado coa cultura do txotx, xa que as súas oríxes teñen que ver coa elaboración da sidra vasca. Cando se remataban os traballos nos lagares, coa obtención do mosto da mazá que logo fermentará e se converterá na sidra, era costume nos caseríos tocar unha melodía cos mazos, os mesmos que se empregaran no maiado ou triturado das mazás. Este era o xeito de avisar aos veciños do lugar de que pronto a nova sidra estaría lista para ser degustada. Isto acontecía especialmente nos arredores da conca do río Urumea: Lasarte, Usurbil, Hernani, Urnieta, Astigarraga, Andoain, etc."

".... comentáronme que antigamente os patróns ían de madrugada de casa en casa e dende a rúa lles berraban os seus homes que baixaran para sair á pesca. Os patróns, antigamente, para chamar ó mar aos que vivían nos caseríos (xa que eran labregos que cando había faena saían ó mar), usaban a txalaparta. Cada persona tiña un toque, de xeito que según cómo se tocaba sabían a quén avisaban."


Despóis, este peculiar instrumento improvisado foi extendéndose e comezou a utilizarse en todo tipo de celebracións nos caseríos. Por exemplo, nas vodas, ben o día previo ou o mesmo día do casamento. Podemos dicir que alí onde se escoitaba tocar a txalaparta había unha festa, xa que se empregaba para entreter á xente, e para facer música festeira e xogos rítmicos con improvisación.
Xunto á txalaparta, ás veces utilizábanse outros elementos; en Lasarte, por exemplo, tocábase o corno antes de cada sesión de txalaparta. E noutras zonas de Navarra acompañábasse cunha cantinela. A cada golpe correspondíalle unha sílaba.
Deíxovos a continuación un vídeo no que se entrevista a un dos últimos txalapartaris da conca do Urumea. Trátase de Ramón Goikoetxea, do caserío donostiarra Erbitegi Etxeberri, moi perto a Astigarraga. Avisovos que a entrevista está íntegramente en euskera, polo que dubido que poidades entender algo, máis como documento etnográfico-cultural paréceme moi interesante.


Juan Mari Beltrán e Ander Barrentxea no Budapest Folk Fest. 2014



Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!