Os vídeos de Balene in Volo e Daniel Tummolillo [SERIGRAFÍA]
Hoxe 25 de xuño ás 21:00, da man de Balene in Volo e Daniel Tummolillo haberá un encontro con Davide Montorsi de Medulla que fai serigrafía con tintas naturais.
Daniel Tummolillo é profesor de serigrafía na Academia de Belas Artes de Brera
(Milán) dende hai 10 anos, é un apaixonado promotor da serigrafía utilizada
con fins artísticos. Durante anos, Daniel estivo difundindo o traballo
dos artistas que usan a serigrafía nos seus traballos poñendo en valor o potencial expresivo desta técnica. Organiza eventos internacionais dedicados á serigrafía artística e a promover e difundir técnicas e artistas.
O evento transmítese en liña no grupo de Facebook de Balene in volo https://www.facebook.com/groups/BaleneInVolo/, na canle de Youtube https://bit.ly/youtubebaleneinvolo e na páxina de Instagram https: // www. instagram.com/baleneinvolo/. https://baleneinvolo.it/speciale-serigrafia-artistica/.
A participación é gratuíta.
Deixo aquí tamén vídeos das entrevistas a Vincenzo Fortunato de Silkscreen Department, Luisella Cresto de Print Club Torino, Federico Arzenton de Small Caps, Lucia Elefante de Babel e Sabrina Gabrielli de Mynameisbri que espero que resulten do voso interese. Especial serigrafia artística, live con Vincenzo Fortunato de Silkscreen Department:
Especial Serigrafia Artistica con Luisella Cresto de Print Club Torino:
Especial Serigrafia Artistica con Federico Arzenton de Small Caps:
Especiale Serigrafia Artistica con Lucia Elefante de Babel:
Especiale Serigrafia Artistica con Sabrina Gabrielli de Mynameisbri:
Live con Daniel Tummolillo y presentación sobre Serigrafia Artistica:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!