Hai persoas que nos sorprenden pola súa capacidade de expresión cando abordan o debuxo, a pintura ou calquera outra manifestación artística e sen saber por que as súas pezas nos chegan, tócannos a fibra. Polo xeral, pola miña experiencia, os ilustradores, debuxantes, pintores, son tamén grandes melómanos, existindo unha gran conexión entre a expresión plástica e a musical. Moitos deles son tamén músicos complementando en moitos casos as dúas facetas. O noso amigo Ramón Trigo, no inicio do seu cuarto carderno do confinamento, lévanos ás zonas pantanosas do negro sur con achegas musicais e debuxísticas propias... sinxelamente emocionantes, desas que nos chegan, porque son pequenos retallos cheos de verdade. Ramón fainos pensar que, como Robert Johnson, fixo un pacto co demo, e que é capaz de transmitir toda esa verdade porque ten unha axuda divina.
Grazas Ramón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!